Home A Coruña Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a...

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a nova senda entre Carballo e Coristanco, cun investimento de máis de 1 millón de euros

- Anuncio -

A actuación comezará na primavera e estará rematada a principios de 2022, pois conta cun prazo de execución de 8 meses
O itinerario para peóns e ciclistas non deportivos, que ten unha lonxitude de 2,5 km, iníciase á saída de Carballo e remata no comezo das beirarrúas de Coristanco
Esta actuación culmina o Plan de Sendas da comarca de Bergantiños, que suma 11 km de itinerarios seguros e sostibles, cun investimento de case 5 M€

Un total de 14 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras do novo itinerario para peóns e ciclistas non deportivos entre Carballo e Coristanco, que suporá un investimento autonómico de máis de 1 millón de euros.

Este itinerario, que se desenvolverá na marxe da estrada autonómica AC-552, comezará a executarse na primavera e estará rematado a principios de 2022, pois conta cun prazo de execución de 8 meses.

Trátase dun novo itinerario de uso compartido, para peóns e ciclistas non deportivos, que permitirá reforzar e compatibilizar a seguridade viaria de todos os usuarios da estrada, con especial atención aos máis vulnerables.

O itinerario de preto de 2,5 km de lonxitude iniciarase á saída de Carballo e rematará no punto no que comezan as beirarrúas do municipio veciño de Coristanco. Prevense dous treitos, actuando tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito.

Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata o núcleo de Coristanco.

Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo, de aproximadamente 600 metros.

Co obxectivo de darlle continuidade ao itinerario sobre o río Grande, executarase unha pequena pasarela adosada ao viaduto existente.

O proxecto tamén prevé traballos de pavimentación, drenaxe de augas pluviais, xunto coa execución dalgúns servizos en previsión de futuras canalizacións de telecomunicacións e alumeado.

Esta intervención completa o Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, xa que os outros 6 itinerarios previstos xa están executados.

En total, impulsáronse 11 km de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe cun investimento de preto de 5 millóns de euros. A execución destas actuacións está cofinanciada con fondos FEDER 2014/2020.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas