HomeXunta de GaliciaUn total de 147 asociacións de nais e pais benefícianse das axudas...

Un total de 147 asociacións de nais e pais benefícianse das axudas para comedores escolares da Xunta, que vén de reforzar a contía ata acadar os 1.750.000 €

- Anuncio -spot_img
  • O Goberno galego incrementou nun 10% a partida inicialmente prevista deste ano para contribuír a que estas entidades poidan facer fronte ao aumento de usuarios
  • Grazas ás melloras introducidas por Educación nesta liña ao longo dos últimos anos, estas asociacións reciben hoxe case o triplo do importe que antes da pandemia
  • Con cargo a estas axudas pode sufragarse o custo do menú, a vixilancia e coidado do alumnado, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval

Un total de 147 asociacións e federacións de nais e pais benefícianse das axudas para comedores escolares que outorga a Xunta e que acada a cifra total de 1.750.000 € logo de que o Goberno galego reforzara nun 10% a contía inicial de cofinanciación co obxecto de que poidan facer fronte ao aumento do número de usuarios que rexistran.

Deste xeito, a Xunta reafirma un ano máis o seu compromiso coas familias e cos servizos complementarios, como é o caso do comedor escolar. Non en balde, estas entidades reciben hoxe case o triplo do importe que antes da pandemia para facer fronte aos gastos dos comedores escolares que xestionan. O importe das axudas vai destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.

Coa suba da última convocatoria que agora se publica no Diario Oficial de Galicia e que corresponden ao curso 2024-25, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP dá cumprimento a un dos artigos da orde de axudas, na que se establece que a dotación orzamentaria se poderá incrementar cando se produza un incremento de crédito derivado dalgún dos supostos previstos como é o de recibir un número de solicitudes moi superior á inicialmente prevista. Así pois, as axudas recibidas, que se outorgan en función do número de comensais dos comedores dos que se fan cargo, oscilan entre os 400,16 € e 309.663,04 €.

Vigo, á cabeza

Por provincias, Pontevedra suma un total de 71 entidades beneficiarias por un importe de 824.330,67 €, seguida da Coruña con 66 entidades e 792.419,83 €, Ourense con oito entidades e 107.294,72 € e Lugo con dúas entidades e 12.550,18 €.

Entre as entidades que máis apoio reciben sitúase á cabeza a Federación Olívica, que xestiona 26 comedores en Vigo, con 309.663,04 €, o que representa un incremento do 14% da contía (a do ano anterior foi de 271.597,74 €) e a Federación de Anpa de centros públicos da provincia de Pontevedra (FANPA) con 129.098,06 € para 23 comedores, cun incremento do 7,15% respecto aos 120.486,42 € recibidos na última convocatoria.

Entre as entidades que máis apoio reciben sitúase á cabeza a Federación Olívica de asociación de nais e pais de alumnos de Vigo e comarca (FOANPAS), que xestiona 26 comedores en Vigo, con 309.663,04 €, o que representa un incremento do 14% da contía (a do ano anterior foi de 271.597,74 €) e a Federación de Anpa de centros públicos da provincia de Pontevedra (FANPA) con 129.098,06 € para 23 comedores, cun incremento do 7,15% respecto aos 120.486,42 € recibidos na última convocatoria.

Estas axudas enmárcanse dentro das liñas de apoio ao comedor escolar en Galicia, onde, ademais das asociacións de nais e pais, a Consellería de Educación mantén convenios de colaboración con concellos e entidades de atención á diversidade para cofinanciar dito servizo complementario. Estes apoios forman parte dun amplo paquete de medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100 M€.

O listado completo de asociacións de pais e nais beneficiarias pode consultarse na seguinte ligazón: https://l1nq.com/Q6JWA

Publicacións Relacionadas