Home Xunta de Galicia Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia...

Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia co apoio da Xunta

- Anuncio -

— O proxecto recibe unha achega de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, dotado polo Goberno galego con 2M€ para a súa convocatoria de 2024

— Dirixida por Denis Rovira, a fita leva á pantalla un guión de Jaime Vaca a partir da novela de Mercedes Ron e estrearase en Amazon Prime Video en 2025

A produtora coruñesa Vaca Films rematou en Galicia a gravación da película Dímelo bajito, despois de sete semanas de traballo en diferentes espazos da Coruña e Lugo que serven de localizacións para esta longametraxe coproducida coa plataforma Amazon Prime Video e que conta cunha achega de 300.000 euros do fondo de atracción de rodaxes convocado pola Xunta.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, compartiu co equipo da película unha das últimas xornadas de filmación no set instalado no encoro das Forcadas, no municipio de Valdoviño. Esta é unha das paraxes que acolle as escenas da película xunto a contornas naturais como as Fragas do Eume, o Bosque de Ledoño-Celas de Peiro, a presa de Cecebre e outros espazos en vilas das provincias da Coruña e Lugo, como Bergondo, Outes, Perbes, Ourol ou Viveiro.

Con dirección de Denis Rovira, Dímelo bajito é un guión de Jaime Vaca sobre a novela homónima de Mercedes Ron. Alicia Falcó, Fernando Líndez e Diego Vidales protagonizan este drama de personaxes cun elenco que completan Patricia Vico, Andrés Velencoso, Eve Ryan, Fernado Nagore e mais a galega Celia Freijeiro, entre outros. A súa estrea está prevista en Prime Video en 2025.

O apoio do Goberno galego ao proxecto materialízase a través da liña de axudas para a atracción de rodaxes, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. Na súa convocatoria de 2024, este fondo conta cunha dotación de 2.000.000 euros co obxectivo de impulsar a proxección do noso territorio como plató de producións audiovisuais lideradas tanto por empresas galegas como do resto de España e Europa. Ao tempo, garántese un gasto mínimo no territorio galego por cada proxecto subvencionado, que se sitúa en 1.000.000 de euros no caso das produtoras galegas e en 1.500.000 euros no das foráneas. Ademais de Dímelo bajito, as rodaxes das longas Romería e Rondallas, e das series Garbo e Marusía acadaron xa tamén financiamento a través desta canle.

Relacionadas

A Xunta participa na entrega dos XIII ‘Premios Rebulir da Cultura Galega’ que recoñecen...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Comercio...

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade...

0
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e...

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma...

0
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo...

A Xunta convoca axudas para paliar os danos DO xabaril nos cultivos agrícolas por...

0
No caso do lobo, o Goberno galego destina 0,9 M€ a compensar os danos producidos por esta especie nas explotacións gandeirasTamén se abre a...

Nava Castro, e Andrés Díaz, visitan o Belén costumista de Antonio Varela e Marisol...

0
Destacaron a beleza e a meticulosidade das pezas expostas ao tempo que felicitaron á Cultural de Forzáns por conservar a tradición belenista utilizando material...

Publicacións Relacionadas