HomePontevedraVilaverde participa no Día Grande da XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

Vilaverde participa no Día Grande da XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

- Anuncio -spot_img

A vila de Arcade acolleu este domingo o día grande da XXXVIII Festa da Ostra, un evento moi consolidado no calendario festivo de Galicia e que, novamente, volveu contar coa colaboración da Consellería do Mar. Precisamente, a responsable deste departamento da Xunta, Marta Villaverde, participou no evento que, desde o sábado, foi escaparate da excelencia e da calidade deste prezado marisco, que a Administración autonómica, en colaboración co sector, está intentando recuperar a través do proxecto Ostreares.

Trátase dunha iniciativa liderada polo Centro de Investigacións Mariñas (Cima) en colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e que, cun investimento de 190.000 euros, procura incrementar o número de reprodutores de ostra plana na enseada de San Simón.

Durante a fin de semana, veciños e visitantes puideron degustar o bivalvo en diferentes preparacións e nun ambiente festivo marcado pola música, a cultura e a tradición mariñeira. “Esta festa é unha oportunidade para gozar da gastronomía galega e tamén para recoñecer o traballo dos profesionais do sector, contribuíndo ao dinamismo socioeconómico desta localidade tan vencellada ao mar”, destacou a conselleira.

Publicacións Relacionadas