HomeO SalnésA Illa de ArousaVillaverde enxalza o traballo da OPP-20 na promoción da excelencia dos productos...

Villaverde enxalza o traballo da OPP-20 na promoción da excelencia dos productos do mar

- Anuncio -spot_img

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este sábado na inauguración da III edición “O Mar en Tapas”, que se celebra na illa de Arousa esta fin de semana e que ten como protagonista a exaltación e posta en valor do peixe e marisco local.  A cita gastronómica, organizada pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP-20), enmárcase na súa programación anual de promoción da marca “Marisco A Illa”, e coa que poñen en valor a calidade de produtos locais, a tradición marisqueira e o alto valor gastronómico do peixe e marisco da zona.

A Consellería do Mar colabora coa iniciativa no marco das axudas que outorga a estas entidades dentro dos seus plans de produción e comercialización. Nesta edición, once restaurantes ofrecen aos asistentes distintas tapas cuxo ingrediente principal é a ameixa vermella. A OPP-20 conta con máis de 500 socios e está dedicada ao marisqueo a pé e a flote. Ademais, é unha das organizacións con maior volume de recolleita de algas e a única comercializadora deste produto 100% ecolóxico de Galicia. Os seus produtos tamén contan coas certificacións Pescaenverde e PescadeRías, de onde se non?.

Publicacións Relacionadas