A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo en valor hoxe o traballo que vén realizando nos últimos anos o Club Náutico de Portonovo na oferta de calidade que ofrece nos seus servizos. Estas afirmacións foron realizadas con motivo do izado das tres bandeiras conseguidas neste ano, a bandeira Azul -que certifica a calidade ambiental-, a Q de Calidade Turística -que recoñece a calidade dos servizos que se ofrecen aos visitantes- e a S de Sostibilidade Turística -garante o cumprimento dos Obxectivos de Desenrolo Sostible-, e que o sitúan coma referente entre os portos deportivos de Galicia.
A titular de Mar destacou o feito de que Galicia sexa a comunidade con máis bandeiras Q de Calidade e S de Sostibilidade nas instalacións náutico-deportivas, cun total de 20 e 13 distintivos respectivamente, e a terceira máis galardoada de España en número de areais e portos deportivos con Bandeiras Azuis (en total, 120 recoñecementos). Así mesmo, Marta Villaverde subliñou que estes distintivos son exemplo do compromiso de Galicia co turismo responsable e sostible e cos principios da economía azul.