Home Pontevedra Caldas Voluntarios do programa Xacobeando da Xunta promoven unha mostra gastronómica intercultural en...

Voluntarios do programa Xacobeando da Xunta promoven unha mostra gastronómica intercultural en Valga

- Anuncio -

— Trátase dun dos grupos de XacobeAndo, un programa de voluntariado internacional do Goberno galego que, neste caso, promove a conservación e difusión do Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla

— Todos os participantes na degustación gratuíta aportaron un quilo de alimentos destinados aos servizos sociais

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou este serán o Cooking Show Intercultural celebrado na localidade de Valga. Esta mostra de cociña, a cargo dos voluntarios de entre 18 e 30 anos do programa XacobeAndo da Xunta de Galicia, permitiu aos participantes gozar dunha degustación internacional e intercultural.

Os cinco mozos voluntarios neste grupo da iniciativa, procedentes de Grecia, Lituania, Letonia, Estonia e Andalucía, desenvolven ao longo do verán tarefas de conservación e difusión do Camiño de Santiago do Mar de Arousa e Río Ulla. Ao mesmo tempo, promoven actividades complementarias como esta presentación gastronómica de balde, que achega a Galicia receitas procedentes de cada un dos seus respectivos lugares de orixe. Ademais, a iniciativa contribúe cos servizos sociais, xa que cada un dos asistentes aportou un quilo de alimentos non perecedoiros.

Durante a actividade, a directora xeral destacou o seu grande carácter enriquecedor para a nosa comunidade, ao tempo que subliñou e agradeceu o traballo destes mozos no coidado e promoción do Camiño. Neste sentido, puxo en valor o voluntariado como ferramenta para realizar actividades cun importante impacto na contorna que, ademais, permite aos voluntarios viaxar, desfrutar e socializar.

Variedade de actuacións
Estas actividades con impacto, desenvolvidas polos voluntarios de XacobeAndo que se distribúen por toda Galicia, enmárcanse en tres eixos principais: camiño inclusivo, camiño sostible e camiño dixital.

Así, os mozos e mozas acompañan a grupos de persoas con discapacidade, colaboran no acondicionamento das distintas rutas ou promocionan a experiencia da peregrinación nas redes sociais. Ademais, difunden entre os camiñantes as medidas anti-COVID e colaboran cos hospitaleiros na súa acollida, entre outras actividades. O programa estenderase ata outubro con distintos grupos de voluntarios.

Relacionadas

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas...

0
• Carmen García, concelleira de cultura, salienta que o obxectivo é fomentar a participación da veciñanza e dos colectivos na Festa das Alfombras Florais...

A Xunta destaca o seu compromiso para garantir a protección das vítimas de violencia...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou hoxe no Parlamento de Galicia que en máis da metade dos partidos xudiciais...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

Publicacións Relacionadas