Home Pontevedra Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga chegan o...

Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga chegan o venres a Pontevedra da man de “Comicamente”, o ciclo de humor apoirado pola Xunta

- Anuncio -

Impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións, o proxecto súmase ás máis de 3.000 actividades programadas este verán no marco do Xacobeo 21-22 co obxectivo de reactivar o sector cultural

O novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta, encara este venres a súa última fin de semana. Será en Pontevedra con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga, e coa disc-jóckey Toccororo a cargo da música en directo. A explanada do recinto feiral acollerá dous pases das actuacións, un ás 19,00 e outro ás 22,00 horas. Quedan entradas dispoñibles para o primeiro deles a través das webs comicamente.gal e de ataquilla.com.

A iniciativa naceu co obxectivo de levar o humor galego a 12 concellos da Comunidade ata mediados de setembro, no marco da programación do Xacobeo 21-22. Súmase así ás iniciativas postas en marcha pola Xunta co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, xunto a Lucía Veiga, lideran o ciclo, que conta coa participación doutros referentes do humor galego, como David Amor, Oswaldo Digón, Marta Doviro, Marita Martínez, Carmen Méndez, David Perdomo, Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Pepo Suevos.

Comicamente arrincou a finais de xullo no Carballiño e ademais de Pontevedra, incluíu no seu percorrido Vilargarcía de Arousa, Sanxenxo, Lugo, Mondoñedo, Ferrol, Nigrán, Ourense, A Coruña e Santiago. Todos os espectáculos están a ser en emprazamentos ao aire libre e cunhas moi coidadas postas en escena.

O domingo péchase o programa en Lalín, con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga.

Relacionadas

Turonia GFG celebra o seu VI aniversario

0
O club de fútbol gaélico referente no Val Miñor celebra o seu VI aniversario nun evento aberto a toda a vecinanza. Farao mediante unha intensa...

‘Eureka’ descobre os misterios do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño con 14...

0
EuRural pon en marcha unha serie de escape rooms dixitais temáticos relacionados coa cultura, historia e patrimonio de cada un dos concellos do territorio Os...

Curso En liña de linguaxe de signos española

0
A Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ofrece o curso en liña de Nivel A1.1. de Lingua de signos española. O curso está dirixido...

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

Soutomaior investirá 60.000 euros no Campo de Fútbol Muicipal de Soutomaior

0
As actuacións consistirán na reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do recinto deportivo,...

A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en Budiño

0
• A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a actuación que supón un investimento...

Publicacións Relacionadas