HomeLugoXosé Merelles destaca o bo comportamento turístico da provincia de Lugo que...

Xosé Merelles destaca o bo comportamento turístico da provincia de Lugo que a sitúa como a de maior crecemento en visitantes e demanda ata setembro

- Anuncio -spot_img
  • O director de Turismo de Galicia participou no Congreso dos Deputados no coloquio ‘O sector primario en Lugo. Unha aposta de futuro, un motor co que medrar’ que pretende fomentar a creación as oportunidades en Galicia
  • No que vai de ano, o 55,34% dos peregrinos pasaron pola provincia de Lugo percorrendo algún das catro rutas que percorren este territorio

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, puxo en valor esta tarde no Congreso dos Deputados, no marco do coloquio ‘O sector primario en Lugo. Unha aposta de futuro, un motor co que medrar’ os recursos turísticos propios da provincia de Lugo que fixeron que ata setembro, esta provincia fose a que mellor comportamento turístico presentou cun crecemento do 10% no número de visitantes con respecto ao mesmo período do pasado ano, e do 14% en demanda turística con máis de 1 millón de noites en establecementos de aloxamento neste territorio.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou como elementos dinamizadores do turismo nesta zona tres atractivos recoñecidos como Patrimonio da Humanidade; a Muralla de Lugo desde o ano 2000; os Camiños do Norte (Norte e Primitivo) desde 2015 e o Camiño Francés.

A estes engádense “a Costa lucense da Mariña coa praia das Catedrais coma referente e tamén a viticultura heroica na Ribeira Sacra, contorna que tamén busca a Declaración da Unesco e que atrae tamén a milleiros de visitantes cada ano”.

O director de Turismo de Galicia puxo en valor a oferta aloxativa da provincia que con máis de 5.000 establecementos supón o 15,5% de toda Galicia. Ademais, referiuse aos catro balnearios (Termas de Lugo, Augas Santas en Pantón, Río Pambre en Palas de Rei y el balneario de Guitiriz) localizados neste territorio, que son mostra do turismo termal tamén presente na oferta desta provincia.

O Camiño de Santiago foi outro dos atractivos aos que tamén se referiu durante a súa intervención no coloquio organizado pola entidade Máis Debate, destacando as catro rutas que atravesan esta provincia: o Camiño Francés, o Primitivo, o de Inverno e o do Norte. O director de Turismo destacou que “pola provincia de Lugo pasaron este ano un total de 282.490 peregrinos, é dicir, o 55,34% dos peregrinos que realizaron o Camiño de Santiago en xeral”.

Xosé Merelles tamén se referiu á gastronomía local e ao turismo musical que atopa en citas coma o Resurrection Fest e o Caudal Fest os seus principais referentes.

Neste sentido, salientou o apoio que se dá desde a Xunta de Galicia á promoción turística da provincia con apoio a unha 20 de eventos baixo a cobertura de Concertos do Xacobeo; ademais de achegas por valor de 180.000 euros aos xeodestinos da Comarca de Lugo-Terras Ulloa; Ancares-Terras de Burón; Mariña Lucense e Ribeira Sacra e de máis de 200.000 euros ás festas de interese nacional e internacional. Ademais, cabe lembrar as colaboracións en accións específicas de mellora das infrastruturas e recursos turísticos da provincia por máis de 1M€.

“Todo isto permítenos afirmar que hoxe o turismo representa o 10,4% do PIB de Galicia e achega o 11% do emprego en toda a Comunidade galega”, salientou aludindo aos datos xerais da actividade turística.

Publicacións Relacionadas