test
Home Xunta de Galicia Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira...

Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira que se celebra en agosto co apoio da Xunta

- Anuncio -

Na presentación da nova edición da festa referiuse tamén á importancia do proxecto de mellora nas Torres que se inclúe no marco do Plan Xacobeo Next Generation

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na presentación da Romaría Vikinga de Catoira 2024, á que se referiu como unha cita con “gran atractivo turístico internacional en base aos valores culturais, tradicionais e tamén etnográficos” e que, ademais, conta co apoio da Xunta de Galicia na súa condición de festividade de interese turístico internacional.

O director de Turismo de Galicia fixo referencia á capacidade desta festividade para diversificar a oferta turística galega e poñer en valor este concello e este recurso, o das Torres do Oeste, que, ademais, como explicou, é un dos 12 BIC incluídos no Plan Xacobeo Next Generation cos que o Goberno autonómico está a impulsar obras de rehabilitación de espazos de uso turístico, accesibilidade, eficiencias enerxética… Neste caso os traballos inclúen o acondicionamento dos accesos e mellora paisaxística, iluminación eficienciente, entre outras.

Tamén salientou a improtancia das festas que teñen recoñecemento turístico, que no caso das que como Catoira son de interese turístico internacional ascenden a 15, e que axudan a “promocionar o noso turismo e contribúen tamén a diferencialo doutros territorios en canto a manifestacións únicas e orixinais que elevan a nosa proposta a un nivel moi difícil de superar”.

Referíndose á Romaría Vikinga, que Turismo de Galicia apoia con 40.000 euros, Xosé Merelles destacou tamén o significado destas celebracións en tanto que “serven para estreitar lazos entre os pobos”. Así, destacou os contactos realizados cos países nórdicos para construír barcos de acordo ás técnicas tradicionais desas rexións. “Son moitos os valores e motivos que animan a participar nesta Romaría Vikinga de Catoira”, concluíu.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado...

0
●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.●       A competición terá lugar...

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12...

0
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova...

0
www.bonoturismo.gal, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do...

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas, que conseguer...

0
_Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe...

A Xunta acorda co Estado a creación dun grupo de traballo para poder avanzar...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reuníronse co secretario de Estado de Transportes e...

Publicacións Relacionadas