test
Home Xunta de Galicia Xosé Merelles reivindica o papel clave do asociacionismo xacobeo para o...

Xosé Merelles reivindica o papel clave do asociacionismo xacobeo para o futuro do Camiño

- Anuncio -
  • Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de países
  • Destaca que o momento de “gran vitalidade” da ruta xacobea, cun incremento no número de Compostelas do 16%, incita a reforzar a coordinación efectiva

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou hoxe o papel estratéxico e clave que historicamente tivo o asociacionismo xacobeo e reivindicou a súa importancia actual para o futuro do Camiño de Santiago. Así o manifestou durante a asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela, que se celebra en Santiago de Compostela, e que representa a máis dun cento de asociacións de preto dunha vintena de países.

O director de Turismo fixo un chamamento a “unha coordinación efectiva entre todas as institucións e organizacións que protexemos, xestionamos, difundimos e atendemos aos peregrinos xacobeos” neste momento de “gran vitalidade” da ruta xacobea na que o número de Compostelas está a medrar a un ritmo do 16% e máis de 60% dos peregrinos son estranxeiros”

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a necesidade traballar en aspectos do Camiño coma a sustentabilidade patrimonial, ambiental e socio-económica; a protección especial aos grandes itinerarios históricos; a defensa dos bens culturais tanxibles e intanxibles con especial relevancia aos valores xacobeos da hospitalidade e acollida; a transcendencia persoal no Camiño, e o camiño como difusor dos valores europeos que preconizan o Consello de Europa e a Unión Europea, e finalmente, a necesidade de unir os roteiros de peregrinación para xerar unha rede transitable, con todos os servizos necesarios para garantir unha peregrinación segura, austera e axustada ao espírito da peregrinación.

Semana transcendental para o Camiño

O director de Turismo de Galicia anunciou que esta semana está a ser transcendental para o mundo xacobeo, xa que tras a presentación desta entidade, asinarase un acordo entre outra federación que representa a administracións públicas de Europa coa que representa á sociedade civil europea.

Ademais, o día 5 de xullo, esta federación converterase en operadora ante o Consello de Europa do primeiro itinerario cultural europeo. “Imos camiñar xuntos -por decisión propia- para garantir un Camiño aberto, de todos e para todos, protexido, sostible, inclusivo e respectuoso co espírito da peregrinación”, afirmou.

Relacionadas

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos...

0
Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto...

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en...

0
O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do...

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos...

0
Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”Asegura que estas obras de humanización permiten “ordenar o tráfico,...

Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Xera en materia...

0
O CIS-Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de...

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de...

0
A baixada do paro nun -8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en...

Publicacións Relacionadas