O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos, con quen repasou distintos aspectos da organización da Festa do Queixo que celebrará o vindeiro ano o 50 aniversario e que se ten convertido en dinamizadora da actividade económica municipal.
Durante o encontro, Xosé Merelles trasladoulle ao rexedor de Arzúa a importancia que ten para o turismo en xeral a celebración de citas coma a Festa do Queixo, declarada de interese turístico galego desde 1999, poñendo en valor a gastronomía galega e os produtos autóctonos.
Neste sentido, o director de Turismo de Galicia destacou que segundo o Informe de Turismo Gastronómico en España 2023 recolle como o 86,5% dos viaxeiros nacionais afirmou realizado polo menos unha viaxe ou escapada de carácter gastronómico nos dous últimos anos.