Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Xosé merelles salienta a aposta da Xunta por facer uso da tecnoloxía...

Xosé merelles salienta a aposta da Xunta por facer uso da tecnoloxía para avanzar nun Camiño de Santiago cada vez máis sostible

- Anuncio -
  • O director de Turismo de Galicia participou na presentación do proxecto ‘Camiño Francés: Camiño 360’ da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
  • Recordou a aposta da Xunta con iniciativas como o novo proxecto para crear unha cartografía dixital de todos os Camiños que facilitará a xestión e mantemento

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou esta mañá a aposta da Xunta de Galicia por facer uso das tecnoloxías para avanzar nun Camiño de Santiago cada vez máis sostible. Así o manifestou durante a presentación do proxecto de dixitalización Camiño Francés: Camiño 360º’, unha iniciativa promovida pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camino Francés que se incardina coa estratexia de dixitalización, innovación e sostibilidade da Xunta de Galicia”.

No decurso do acto, Xosé Merelles agradeceu á Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés a súa aposta por “avanzar nun Camiño de Santiago cada vez máis adaptado aos novos tempos, mantendo sempre á súa esencia”. Neste sentido, salientou que se aliña cos obxectivos do Goberno autonómico que conta con diferentes medidas nesta liña no Plan Diretor dos Camiños de Santiago 2027 “e tamén fixemos uso dos fondos europeos Next Generation para afondar nestas cuestións”, engadiu.

Neste sentido, o director de Turismo de Galicia salientou que o Goberno galego non escatima “esforzos no mantemento e adaptación das rutas xacobeas mediante a dixitalización, do mesmo modo que procuramos a excelencia na experiencia do peregrino innovando a oferta de peregrinación”. Nesta liña, atópase o Plan Xacobeo Next Generation, que conta cun investimento global de 39,1M€ con fondos europeos, dos que a Xunta xestiona directamente máis de 31M€.

Xacobeo Next Generation

Neste marco financeiro, Turismo de Galicia enmárcase tamén un ambicioso proxecto que, como dixo, xa está en marcha.  “Trátase da dixitalización dos diferentes elementos e instrumentos da Rede dos Camiños de Santiago en Galicia a través dunha cartografía dixital de todos os Camiños para identificar e vectorizar, coa precisión suficiente, os diferentes elementos territoriais”, explicou.

Xosé Merelles indicou que ademais esta planificación tamén inclúe unha aplicación que permita, en xeral, a xestión, mantemento, agregación de nova información e explotación dos datos por parte de técnicos e especialistas en turismo. Finalmente, tamén se  producirá un vídeo 360 xeorreferenciado para cada un dos itinerarios do Camiño de Santiago.

Accesibilidade e sustentabilidade

Referíndose ao proxecto presentado hoxe en Santiago, o director de Turismo de Galicia destacou que ‘Camiño Francés: Camiño 360º’ “fai accesible ao peregrino o patrimonio cultural, artístico e natural relacionado co Camiño de Santiago, mellorando a sustentabilidade e enriquecendo a oferta turística”.

Ademais, promove o uso de tecnoloxías innovadoras para que “os municipios que forman parte do Camiño gañen en competitividade e sigan promovendo a actividade turística como fonte de emprego e riqueza para fixar poboación”. “E por suposto, tamén axuda a desestacionalizar aínda máis as visitas neste tramo do Camiño de Santiago ofrecendo o coñecemento de atractivos turísticos ao longo de todo o ano”, engadiu.

Relacionadas

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas...

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega...

A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte de Portugal...

0
— José González aludiu a acordos concretos como o que garante a actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal,...

Rueda ensalza a rehbilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do...

0
 Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da...

Galicia e as comunidades lobeiras insisten na necesidade de revisar o nivel de protección...

0
— Avanzan na elaboración do próximo informe sexenal co obxectivo de que o Goberno central traslade á Comisión Europea os datos reais sobre o...

Lete Lasa destaca a puxanza de Galicia no ciclismo que posibilita que o Europeo...

0
_Lembra que Galicia leva anos copando boa parte das prazas da selección española grazas aos grandes eventos internacionais apoiados como Proxectos de Especial Relevancia...

A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a...

0
— José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia...

Publicacións Relacionadas