Xosé Merelles visita a montaxe do Jaleo Festival co que a Xunta dinamiza a oferta turística de Santiago de Compostela en Primavera

Redacción
Lectura mínima de 1

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, desprazouse ese mediodía ao Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, onde supervisou a montaxe do Jaleo Festival, unha cita que terá lugar este sábado 11 de abril e que se está a converter en referente musical e turístico da primavera de Santiago de Compostela. Trátase dunha proposta que integra indie, pop, rock, electrónica e novas tendencias, que se enmarca no programa Concertos do Xacobeo.

O evento conta cun cartel destacado con artistas como Ultraligera, Xoel López, Ojete Calor, Sidonie, De Ninghures e Señora DJ. O festival, que na súa primeira edición en 2025 reuniu arredor de 3.500 persoas, consolídase como unha cita clave para diversificar a oferta cultural de primavera na capital galega, proxectando unha imaxe creativa, dinámica e actual de Santiago e de Galicia. O programa Concertos do Xacobeo, que apoia os principais eventos musicais de Galicia, contou cunha asistencia de máis de 1,5 millóns de persoas a máis de 180 concertos repartidos en preto de 80 localidades.

Comparte este artigo