Xosé Merelles visita o Río Verbena Fest certame apoiado pola Xunta de Galicia que hoxe finaliza en Pontevedra

adminON
Lectura mínima de 1

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, achegouse este serán ata o recinto feiral de Pontevedra, no que se está a celebrar a terceira edición do Río Verbena Fest e que conta co apoio da Xunta de Galicia, entre outros organismos e entidades patrocinadoras. Deste xeito, Merelles puido coñecer de primeira man todo o despregue organizativo e loxístico que desenvolve o equipo promotor do festival.

O certame enmárcase dentro da aposta do Goberno galego por programar directamente ou apoiar unha ampla e completa axenda de concertos e festivais de diversos estilos musicais, por toda a xeografía galega e ao longo de todo o ano, co obxectivo de contribuír a desestacionalizar a oferta turística.

O Río Verbena Fest despide hoxe a súa edición de 2024 coas actuacións de Law, Nebulossa, Los Zigarros, Amaral, Lori Meyer e Galician Army, dentro do escenario Xacobeo. No escenario La Gramola actuán este sábado Mamasunción, Black Stones, Alcalá Norte, Sarria e Baiuca.

Comparte este artigo