Home O Ribeiro Castrelo de Miño Xunta de Galicia e concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades...

Xunta de Galicia e concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades de crecemento industrial do municipio ourensán

- Anuncio -

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, está a manter unha rolda de contactos cos rexedores galegos logo de incorporar a política de planificación de solo empresarial ao seu departamento

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, con quen abordou, entre outros asuntos, as posibilidades de impulsar medidas que favorezan o desenvolvemento industrial do municipio ourensán.
A xuntanza enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores locais agora que a política de planificación de solo industrial é competencia da consellería de Economía e Industria, a través da Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial.
Así as cousas, na reunión, expuxéronse os beneficios do Programa Concello Emprendedor, ao que está adscrito Castrelo de Miño desde o ano 2021. Unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca ofrecer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e, polo tanto, ofrece máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais. Arestora, 156 concellos se teñen adherido ao programa.
Lorenzana tamén lembrou que a Consellería de Economía e Industria conta con tres liñas de axuda para contribuír á competitividade dos parques empresariais galegos. Concretamente, para a creación de viveiros industriais, para a mellora de infraestruturas e servizos e unha terceira liña para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica. Estas dúas últimas resoltas recentemente.
Por outra banda, Conselleira e alcalde coincidiron na importancia de fomentar a desburocratización da tramitación administrativa para atraer empresas, tal e como está a facer o Goberno galego a través da Oficina Económica de Galicia dependente do Igape. No seu primeiro mes de funcionamento, en abril, rexistrou máis de 900 consultas e máis de cen citas de acompañamento ás empresas galegas. E, ao fío, tamén se abordaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento, e os plan directores por sectores nos que a Xunta está a traballar.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas