Home Deputacións Deputación Pontevedra Fotografías de Pily reñones candidatas aos Goya locen xa nas paredes da...

Fotografías de Pily reñones candidatas aos Goya locen xa nas paredes da Deputación para poñer o aceno na creatividade das mulleres da provincia

- Anuncio -

Para Carmela Silva “este non é un acto calquera, é un acto cunha enorme simboloxía no que se lle dá valor ao traballo dunha muller cun grande talento”

A fotógrafa mostrouse moi orgullosa porque as fotografías descansen no Pazo Provincial “e poidan ser desfrutadas por todas as pontevedresas e pontevedreses xa que nelas está un anaquiño do meu corazón”

A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones foi recibida esta mañá no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra nun encontro marcado pola emoción e no que os sentimentos estiveron a flor de pel. “Este non é calquera acto, é un acto cunha enorme simboloxía”, destacou a presidenta Carmela Silva, quen acompañada polo deputado Uxío Benítez e a nai e o pai da artista -Áurea e Camilo- descubriron xunto a ela as dúas imaxes coas que Pily Reñones foi candidata aos Goya da Fotografía e que agora locen no edificio provincial. Antes de descolgar as teas que cubrían as imaxes a artista deixou plasmada a súa sinatura no Libro de Honra da institución e recibiu como agasallo a escultura dunha camelia, símbolo das mulleres sufraxistas, realizada por Ana Tenorio.

Baixo os títulos de “Escóitame” e “A balanza da vida”, Pily Reñones retrata en ambas as dúas fotografías a unha muller maior; a protagonista da primeira delas está nun balcón cun rosario na man, unha escena que inspirou á artista por lembrarlle á súa avoa. Na outra aparece unha muller, tamén anciá, tras o mostrador dunha tenda de ultramarinos e xunto á balanza que empregaba para despachar no comercio, unha peza cargada de simbolismo. “Mulleres, en palabras da presidenta, das que somos herdeiras, que traballaron ao longo da historia e que son a forza que nos impulsa hoxe a todas. Son a luz da nosa batalla”.

Carmela Silva subliñou que “co seu traballo Pily Reñones ponse no centro, visibiliza a creatividade de todas e o goberno provincial quere dicirlle grazas, que continúe e que siga adiante”. A presidenta da Deputación quixo facer tamén un recoñecemento á nai e ao pai da fotógrafa, que foron quen lle agasallaron coa súa primeira cámara e axudárona a medrar nesta disciplina e acadar os seus soños. Tampouco se esqueceu da “xente potentísima” que teñen os concellos pequenos, os de menos de 20.000 habitantes, porque “en todos os lugares da provincia temos moitísimo talento”.

Pily Reñones, quen estivo visiblemente emocionada durante todo o acto, deulle as gracias a Carmela Silva “por abrirme as portas e crer en min como profesional e como persoa”. A artista asegurou estar “moi orgullosa porque as fotografías descansen no Pazo Provincial e poidan ser desfrutadas por todas as pontevedresas e pontevedreses” xa que nelas “está un anaquiño do meu corazón”. A fotógrafa tamén fixo un recoñecemento á súa nai e ao seu pai por apoiala de xeito incondicional dende nena coa súa paixón e lembrouse do resto da súa familia, que non puido asistir ao acto.

Pola súa banda o deputado Uxío Benítez, veciño de Tomiño como Reñones amais de concelleiro, fixo fincapé na importancia da fotografía “unha das artes máis importantes porque nela plásmase algo real e transmítese con emoción” . Benítez sinalou o feito de que estas fotografías sexan de mulleres maiores e-engadiu- que dende as institucións hai que valorar a sabedoría, a experiencia e a templanza” que esas persoas posúen.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas