Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia

- Anuncio -

Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior

Na xuntanza do comité da Camelia de Galicia acordouse tamén crear unhas xornadas de portas abertas para coñecer as coleccións privadas de particulares durante o período de floración das camelias

Os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro, propiedade da Deputación de Pontevedra, convértense nun dos puntos incluídos dentro da Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia. Este mércores aprobouse a candidatura de Areeiro na reunión do Comité da Camelia de Galicia, constituído pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia en 2021 e do que forma parte a institución provincial, que regula este itinerario. Ao encontro, celebrado no Pazo de Fefiñáns de Cambados, asistiron os deputados responsables de Areeiro e Turismo Rías Baixas, Javier Tourís e Nava Castro, así como Carmen Salinero e Pilar Vela como persoal técnico da institución provincial.

Na xuntanza do comité Camelia de Galicia acordouse tamén crear unhas xornadas de portas abertas para coñecer as coleccións privadas de particulares durante o período de floración das camelias. No caso  concreto de Pontevedra, está previsto que o vindeiro mes comecen as negociacións cos propietarios para poñer en marcha tres rutas: unha polo sur da provincia, outra pola zona de Arousa e outra polo norte da provincia. As rutas terían lugar en novembro e en febreiro, aproveitando a floración dos diferentes exemplares de camelia existentes na provincia.

A Ruta dos Xardíns da Camelia é a única ruta turística existente en Europa que permite percorrer unha serie de xardíns públicos e privados cuxa característica principal é a de posuír a meirande colección e variedades de camelias de Europa. Os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro pasan a ser, deste xeito, os segundos xardíns propiedade da institución provincial que forman parte dela tralo Castelo de Soutomaior. Os outros espazos da provincia de Pontevedra incluídos son os pazos de Lourizán (Pontevedra, propiedade da institución provincial ata o pasado ano), de Oca (A Estrada), da Saleta (Meis), de Quinteiro da Cruz (Ribadumia), de Pegullal (Salceda de Caselas), de Quiñones de León (Vigo) e de Rubianes (Vilagarcía de Arousa) e mais o Parque do Castro (Vigo).

En Areeiro mantense e increméntase cada ano a colección viva de camelias da Deputación de Pontevedra, que conta con preto de 1.400 exemplares de 46 especies. Ademais, tamén se realizan prospeccións polos xardíns históricos de Galicia, tanto públicos como privados, para recuperar cultivares antigos de camelia, e programas de investigación en todos os campos relacionados coa camelia. Areeiro tamén forma parte do Grupo Internacional de Traballo de Conservación e de Identificación de Camelias Históricas da Sociedade Internacional da Camelia, que ten como obxectivo rexistrar, identificar e conservar os exemplares de camelia anteriores ao século XX de todo o mundo. Os xardíns de Areeiro pódense visitar durante todo o ano, todos os martes e xoves e dous sábados ao mes, grazas ao programa de visitas guiadas ao centro promovido pola Deputación, con solicitudes a través do seu sitio web.

Relacionadas

Luis Menor cualifica o proxecto OU-Intelixente: provincia da auga como “un enorme salto cualitativo...

0
O presidente da Deputación de Ourense; Luis Menor, asistiu en Avilés ao acto institucional de inauguración das xornadas sobre Xestión Dixitalizada da Auga, organizadas...

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

Publicacións Relacionadas