Home A Coruña O Concello facilita a conciliación este Nadal co programa ‘ Sen cole...

O Concello facilita a conciliación este Nadal co programa ‘ Sen cole non cole’, que abre inscricións

- Anuncio -

· Esta prestación dirixida aos nenos e nenas do municipio desenvolverase no CEIP José María Lage os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

· As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo no rexistro do Concello ata o 20 de decembro.

O Concello abre o prazo para inscribirse no programa ‘ Sen cole non cole’ dirixido a nenos e nenas do municipio. Este Nadal, a concellería de Igualdade volve poñer en marcha esta iniciativa, a través da que se pretende “facilitar a conciliación dá vida familiar e laboral neste período vacacional dunhas datas tan sinaladas coma estas”, indicou a concelleira da área, María Lamelas.

A iniciativa levará a cabo os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro nas instalacións do CEIP José María Lage en horario de 09:00 a 14:00 horas. O Concello habilita un total 20 prazas para o servizo, asignadas por orde de inscrición, tendo preferencia aqueles nenos e nenas que estean empadroados no municipio e cuxos pais necesiten conciliar vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo ata o 20 de decembro no rexistro do Concello. ‘ Sen cole non cole’ enmárcase nas actividades do programa municipal de conciliación ‘ Conciliortigueira’ cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas