Home A Coruña Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do xardín-miradoiro que leva o seu nome

- Anuncio -

 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai 41 anos e nas súas peticións para renovar o espazo

 No acto tamén participaron o secretario da Real Academia de Belas Artes, Felipe Senén; o cronista oficial do Concello, José Raimundo Núñez Lendoiro; e o fillo de Francisco, José Domingo Vales

 As actuacións consistiron na limpeza e restauración do monólito, o reafirmado da superficie da praza, a colocación de valado e a instalación de bancos

Paderne lembrou hoxe a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín no 41ª aniversario da instalación do seu monólito en Ponte do Porco. O alcalde da localidade, Sergio Platas, presidiu un acto para inaugurar a remodelación do xardín-miradoiro que leva o nome do historiador, docente, membro da RAG, da Real Academia de Belas Artes e cronista de Betanzos.
“Precisamente o feito de que este monumento leve xa máis de catro décadas connosco demostra a enorme transcendencia que tivo Vales Villamarín para a nosa comarca”, apuntou Platas, que pechou un acto no que falaron o secretario da Real Academia de Belas Artes, Felipe Senén; o cronista oficial do Concello de Paderne, José Raimundo Núñez Lendoiro; e o fillo de Francisco, José Domingo Vales, que falou en nome da familia e depositou unha coroa de loureiro ao pé do monólito.

Tamén ofreceu unhas palabras Emilio Vila Agras, o veciño responsable da instalación do monólito apenas uns meses despois do falecemento de Vales Villamarín. Un Emilio ao que o alcalde quixo agradecer o seu “traballo e constancia” tanto na recompilación de documentación como á hora de solicitar a remodelación do espazo. Como detalle pola súa constante iniciativa, o Concello de Paderne incluíu nun dos bancos unha pequena placa homenaxe ao veciño coa frase: ‘A D. Emilio Vila, en agradecemento pola súa contribución e implicación altruísta na mellora deste espazo e do concello de Paderne’.
“O noso equipo de goberno tiña claro que este investimento era unha obriga. Pero non tería sido algo tan evidente sen a insistencia de Emilio. Se hoxe estamos aquí é por ti, Emilio. Apostamos de novo neste espazo que parecía esquecido durante tantos anos e que, desde hoxe, adquire unha nova dimensión dobre. Por unha banda, dándolle de novo brillo a un lugar no que paga a pena parar e desfrutar, á beira do transitado Camiño Inglés e na desembocadura do Río Lambre, nun dos enclaves máis espectaculares da comarca. Por outra, acompañando este magnífico espazo cunha potenciación da lembranza a Francisco, un home que non merecía menos”, explicou Platas.

O rexedor rematou as súas verbas destacando: “O xardín-miradoiro é agora un lugar con máis valor. Un lugar que coidaremos como merece para que Francisco se manteña na memoria colectiva de Paderne e a nosa comarca por sempre”.

Case 10.000 euros de investimento

O Concello de Paderne inaugurou este espazo no que se investiron case 10.000 euros (sen impostos) na súa remodelación. Concretamente, o executivo local contratou a execución dunha completa actuación que consistiu na limpeza e restauración do monólito, o reafirmado da superficie da praza, a colocación de valado e a instalación de bancos.

Ademais, leváronse a cabo uns traballos para facer accesible a beirarrúa e devolverlle lustre a un espazo único no municipio, que permite desfrutar da desembocadura do río Lambre á beira do municipio veciño de Miño.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas