Home Pontevedra A Paradanta Rematadas as obras de restauración do Lavadoiro de Barcela

Rematadas as obras de restauración do Lavadoiro de Barcela

- Anuncio -

• O obxecto do contrato foi a execución da obra de “Mellora do Lavadoiro de Barcela”. Unha empresa local realizou a restauración do ben municipal

• Con esta son máis dunha veintena de actuación realizadas en lavadoiros e fontes municipais.

• Tamen se realizou a canalización de augas, por debaixo da estrada autonómica PO-400 dende o lavadoiro, para evitar a escorrentía das augas e que foi executada pola Consellería de Infraestruturas

Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), foi financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.

O pasado 2 de decembro o delegado territorial, Luis López e o xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, visitaron o Concello de Arbo para supervisar distintas obras acometidas pola Xunta de Galicia, entre as que estaba o lavadoiro.

O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo. Situado nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.

AS OBRAS REALIZADAS

As actuacións consistiron no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna.

Con esta van unha serie de actuacións de mellora e posta a punta de fontes e lavadoiros realizados durante os últimos anos deste goberno municipal – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil – Entre os lavadoiros e fontes mellorados están o de Turbela, Ferral, Vieiro, Hermida, Coutada, Perneiral, A Lama, Valiñas, Estación…. entre outros, repartidos por todas as parroquias do municipio.

OUTRAS ACTUACIONS DA XUNTA NA CONTORNA DO LAVADOIRO

Na mesma zona, realizouse a canalización de augas, por debaixo da estrada autonómica PO-400, para evitar a escorrentía das augas e que foi executada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a petición do Concello de Arbo.Esta actuación, executada pola administración autonómica, foi traslada polo alcalde de Arbo a demanda dos vecinos e vecinas usuarios da Poza sita na Marce dereita da P0-400, e que recolle a Auga do Lavadoiro de Barcela.

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

A primeira xuntanza entre Manu Lourenzo e Luís López avanza proxectos para Soutomaior ...

0
O proxecto de humanización da praza da aldea, presentado polo concello de Soutomaior por valor de 170.000 euros,  aprobarase na xunta de goberno de...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

0
Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre...

Publicacións Relacionadas