Home Pontevedra Baixo Miño Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

- Anuncio -

Será ás 19 h na Aula Cemit. Tamén se poderá seguir por streaming a través de www.tui.gal

Maña, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.
Vázquez Portomeñe (Taboada-Lugo, 1934) é protagonista destacado na posta en valor do fenómeno xacobeo, especialmente na súa época como deputado autonómico e como conselleiro en distintos gobernos de Manuel Fraga Iribarne na Xunta de Galicia. Na súa etapa como responsable da consellería de Educación e Cultura Vázquez Portomeñe promoveu a aprobación -por unanimidade- de leis como a de Patrimonio Cultural ou a de Protección dos Camiños de Santiago. Tamén na súa época de conselleiro se encargou de organizar o primeiro Xacobeo, en 1993, conseguindo ampliar unha realidade espiritual e relixiosa a outra cultural e socioeconómica, que ten resultado de vital transcendencia para Galicia.
Portomeñe recibiu, en 2017, por acordo do pleno do Concello de Tui a medalla de honra da cidade recoñecendo o seu papel fundamental na creación do Xacobeo e na revitalización do Camiño Portugués, así coma as achegas que os distintos departamentos que dirixiu na Xunta de Galicia realizaron en Tui con investimentos destacados coma a restauración do órgano da Catedral ou do edificio “Francisco Sánchez” daquela Área Panorámica.
A conferencia do próximo martes 25 de xaneiro ás 19 h poderase seguir presencialmente na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) ou por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. A asistencia é libre ata completar o aforo do local, sendo recomendable a inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que o Concello de Tui avanza nas actividades deste “Foro do Camiño Portugués”, que pretende contribuír ao posicionamento de Tui no ámbito do Camiño de Santiago e agradece a Victor Manuel Vázquez Portomeñe a súa presenza en Tui.
Este Foro foi inaugurado o pasado 20 de abril de 2021 coa presenza de Juan Manuel López-Chaves, presidente de honra da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo e impulsor do Camiño Portugués, a quen deu continuidade o 25 de maio Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, o 22 de xuño Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo Porto e Norte, e o 22 de setembro Luís Quinteiro, bispo da diocese de Tui-Vigo. No pasado mes de novembro foi o peregrino tudense, Dámaso Rodríguez Costas quen compartiu a súa experiencia polas rutas xacobeas.
Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis 4.400 amigos, etc.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas