Home Deputacións Deputación Ourense A Xunta e Deputación de Ourense avanzan no cambio de modelo de...

A Xunta e Deputación de Ourense avanzan no cambio de modelo de xestión para os catro parques comarcais de Bombeiros da provincia

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración local, Natalia Prieto, participaron na reunión na que se informou sobre a elaboración do informe da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, acordou hoxe avanzar nos trámites que avalen o cambio de sistema de xestión do servizo para implantar un modelo de xestión directa nos catro parques comarcais de bombeiros da provincia.

Desta forma, na reunión da Comisión de estudo para a realización da memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento participaron por videoconferencia o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente do Consorcio Provincial Contra Incendios de Ourense, Pablo Pérez. Tamén participaron a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

No encontro abordouse que actualmente estase a elaborar o informe sobre a memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio. Este informe suporá un paso máis cara ao cambio de modelo acordado entre a Xunta e a Deputación para a xestión directa dos parques de Verín, A Limia, Valdeorras e Ribadavia-O Carballiño, que se integran no Consorcio.

A continuación, celebrouse tamén de forma telemática un pleno ordinario do Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento no que se aprobou a prórroga por un prazo máximo de un ano do contrato do servizo de intervención dos parques comarcais á empresa adxudicataria da xestión indirecta; esta duración podería interromperse se nese prazo culmina o proceso de cambio de xestión.

A Xunta estableceu unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais co obxectivo de ofrecer unha prestación homoxénea dos servizos de emerxencias en toda a comunidade, de maneira que sexa igual para todos os cidadáns con independencia do seu lugar de residencia. O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento de Lugo e o da Coruña aprobaron o cambio de modelo en 2019 e o de Pontevedra o ano pasado.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

Publicacións Relacionadas