Home Xunta de Galicia A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia

- Anuncio -
  • Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional
  • aos arrendatarios das 2.469 hectáreas arrendadas ou que se atopan en proceso de concretalo, aos que se suman outras 1.255 que están dispoñibles para aproveitamentos agrícolas ou pecuarios
  • O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten

A Consellería do Medio Rural vén de abrir o pasado 2 de maio o prazo para presentar as solicitudes de arrendamento de parcelas a través do Banco de Terras de Galicia, que estará aberto ata o 23 de maio.

Trala publicación do Real Decreto 1177/2023, do 27 de decembro, polo que se modifican diversos reais decretos ditados para a aplicación en España da Política Agraria Común, variouse a condición de que o solicitante non tivera recibido “dereitos da reserva nacional en anteriores asignacións de dereitos de pago básico da renda nacional ou dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional”. Por iso, e como novidade, favorecerase o acceso á reserva nacional para “responsables de explotacións que participen en programas de reestruturación, cuxo obxectivo sexa evitar o abandono de terras, no marco dunha intervención pública mediante unha norma autonómica con rango de lei”.

Ademais dos beneficiarios que participan en programas de reestruturación, como os polígonos agroforestais, aldeas modelo, actuacións de xestión conxunta ou permutas de especial interese agrario, o Banco de Terras tamén está considerado como un instrumento de mobilización. Por iso, só co arrendamento a través do Banco poderase ter acceso a estes dereitos. A única limitación sería cumprir os requisitos xerais e a dispoñibilidade de dereitos da axuda básica á renda para a sostibilidade (ABRS) na reserva.

Esta medida poderá beneficiar actualmente aos arrendatarios das 2.469 hectáreas arrendadas (ou en proceso de arrendamento) a través do Banco de Terras para usos agrogandeiros e, no futuro, aos arrendatarios das 1.255 hectáreas actualmente dispoñibles con usos vinculados a aproveitamentos agrícolas ou pecuarios. A isto hai que engadir a posibilidade de formalizar arrendamentos xa existentes ou novos a través da figura do arrendamento pactado do Banco de Terras, que é aplicable a calquera superficie do territorio galego.

A supresión do requirimento de non ter recibido con anterioridade dereitos de pago básico da reserva nacional permitirá solicitar axudas á renda para a sostibilidade de superficies que a día de hoxe son deficitarias de dereitos.

Calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria ou forestal, ou para desenvolver un proxecto con outros fins, pode dirixirse ao Banco de Terras. Nel poderá atopar unha relación permanentemente actualizada das fincas que están dispoñibles e solicitar o seu arrendamento ou cesión por un período de tempo determinado.

Sobre o Banco de Terras

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social. A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias de terras e aquelas que as precisan, así como dar a ambas partes garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

O Sistema de Información de Terras de Galicia é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia, que contén unha lista actualizada de todas as parcelas dispoñibles.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas