Home A Paradanta A Cañiza A Xunta colabora coa comunidade de usuarios de augas de Cebreiro, na...

A Xunta colabora coa comunidade de usuarios de augas de Cebreiro, na Cañiza, para a mellora da rede e a instalación de contadores de 59 vivendas

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas destinadas ás asociacións de veciños e de mulleres rurais e ás comunidades de usuarios de augas de Galicia

― A Xunta elevou este ano nun 20%, ata os 3M€, a contía destas achegas que teñen como obxectivo colaborar co tecido asociativo galego para mellorar a calidade de vida da veciñanza

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, comprobou na Cañiza as obras levadas a cabo pola Comunidade de Usuarios Traída Augas de Cebreiro para a mellora da rede e a instalación de contadores en 59 vivendas.

As obras consistiron na revisión e reparación da rede de distribución de auga potable e na mellora da xestión da traída coa instalación de contadores en todas as vivendas dos lugares de Cebreiro, Sendín, O Cocho e O Cotiño. Para estas actuación, a Comunidade de Usuarios Traída Augas de Cebreiro contou cunha achega de 12.000 euros da Xunta ao abeiro da orde de axudas destinadas ás asociacións de veciños e de mulleres rurais e ás comunidades de usuarios de augas de Galicia.

Co obxectivo de potenciar as accións comunitarias que redunden nunha mellora da calidade de vida da veciñanza e na optimización dos servizos compartidos, a Xunta vén de incrementar este ano nun 20% o orzamento desta liña dirixida ao tecido asociativo, ata chegar aos 3 millóns de euros. A contía das axudas pode acadar a totalidade do investimento realizado, cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos.

As entidades beneficiarias deberán estar inscritas no rexistro de asociacións da comunidade e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais. No caso das comunidades de usuarios de auga deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de augas como titulares do aproveitamento das augas para o que solicitan a subvención.
O prazo para presentar solicitudes aínda está aberto, xa que remata un mes despois da publicación da orde, o pasado 14 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas