Home Baixo Miño A Guarda A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

- Anuncio -

Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva.

Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das Letras Galegas, facendo unha festa en torno á lingua, destacando a súa riqueza e importancia como lingua viva e de creación, co obxectivo de amosar a riqueza das manifestacións culturais que se están a facer actualmente en galego, falando da nosa idiosincrasia e das nosas costumes. Por iso deseñou para o Domingo 19 de maio unha xornada na Praza do Reló da Guarda, na que concentrar actividades lúdicas e festivas para tódolos públicos, gustos e idades.
A xornada abrirá ás 11.30h. da mañá pensando nas familias, coa apertura da zona de Xogos, na que Brazolinda e OZOCO GZ, traerán as súas propostas orixinais de Xogos de mesa. A partir das 12.30h. Chegará o momento musical, coa nota divertida e retranqueira de Blues do País, un grupo formado por Brais das Hortas e Iseo Agilda, que traducen e adaptan as clásicas composicións de Otis Redding, Etta James, B.B. King ou Eric Clapton, dunha forma moi propia. Despois do merecido descanso para o xantar dominical, esta festa terá unha nova sesión de tarde coa presenza de Magín Blanco e o seu espectáculo Caderno de Cores e Cancións, un concerto participativo no que en compañía do músico Pablo Vidal, ás crianzas xogarán cos diferentes elementos das cancións: as melodías, as harmonías e a poética das rimas. E tras este concerto daremos paso ao prato forte da xornada, cunha proposta que quere fusionar a tradición oral e literaria co folclore tradicional. Os versos de Rosalía serán os encargados de dar fío a esta proposta guiada por María Faltri na narración, recitando e cantado; estará acompañada co grupo de baile tradicional guardés Vento Mareiro, quen interpretará varias pezas de baile e pandeireta. Esta proposta que busca ser o prato forte da nosa festa, quere convidar a tódolos amantes do folclore da Guarda e comarca a unirse no baile, pandeireta ou tamboril para entre tódolos asistentes facer unha foliada como broche fin de festa.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas