Home O Ribeiro Castrelo de Miño O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle este domingo a primeira...

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle este domingo a primeira proba nacional de remo da tempada, coa participación de 500 deportistas

- Anuncio -

O Campionato de España de longa distancia, co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde, reúne a 305 embarcacións de 44 clubes, procedentes de 8 comunidades autónomas.

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá o próximo domingo, día 20, o XXII Campionato de España de Remo de longa distancia, a primeira proba nacional da tempada que se celebrará nestas instalacións, e que reunirá a 500 deportistas de 44 clubes procedentes de oito comunidades autónomas, sendo Galicia a máis numerosa en representación con 13 equipos, seguida de Cataluña con 7, e País Vasco e Valencia con 6.

Cun percorrido de 5,5 quilómetros que principia augas arriba do río Miño e remata no parque náutico, os remeiros das 305 embarcacións inscritas, tanto individuais como dobres, pertencen ás categorías cadete, xuvenil, absoluto e para-remo (denominación correspondente ao remo adaptado).

Organizado polas federacións española e galega de remo e coa colaboración da Deputación de Ourense, a través do Inorde, o campionato de España “supón un enorme esforzo para o parque náutico, xa que despois da apertura da tempada a fin de semana pasada coa proba a nivel autonómico, agora imos reunir a preto de 600 persoas entre deportistas, adestradores, delegados e xuíces”, explica o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

Ao longo deste ano, destacou, están previstas case unha vintena de probas autonómicas, nacionais e internacionais, entre estas últimas un evento destacado como a Coupe de la Jeunesse, do 5 ao 7 de agosto, “unha das probas de remo máis prestixiosas do mundo que cada ano reúne a centos de deportistas procedentes de 16 países europeos e que chega a Castrelo de Miño grazas á decidida aposta de Manuel Baltar por situar á provincia como un dos grandes territorios de remo e de piragüismo de España e Europa”, lembra o rexedor de Castrelo.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

Publicacións Relacionadas