Home Pontevedra Campo Lameiro A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar de material deportivo ao ximnasio municipal

- Anuncio -

Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 30.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros, para o Concello de Campo Lameiro. Con estes recursos, o Goberno local dotará o ximnasio municipal de novo material deportivo.

O Concello de Campo Lameiro destinará esta achega de 28.819 euros a equipar a instalación municipal, situada no pavillón anexo ao CEIP Pedro Antonio Cerviño. Desta maneira, adquirirán máquinas deportivas como bicicleta elíptica e estática, unha cinta de correr, barras de discos de diferentes pesos, pelotas saudables, bancos, colchonetas, discos olímpicos, bandas de resistencia, “steps”, agarres para poleas ou unha torre 4 estacións, entre outros elementos.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento máis de 2,4 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Campo Lameiro, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas