Home Pontevedra O Salnés A Xunta avanza no proxecto da Senda de Dorrón, en Sanxenxo, para...

A Xunta avanza no proxecto da Senda de Dorrón, en Sanxenxo, para iniciar os traballos este ano

- Anuncio -

A Xunta de Galicia ultima os detalles do proxecto que permitirá habilitar unha senda peonil en Dorrón, no municipio de Sanxenxo, co obxectivo de promocionar a zona máis interior desta parroquia e poñer á disposición da veciñanza un novo itinerario ao carón do río para o seu uso e desfrute.

A tal fin técnicos do Goberno galego reuníronse nos últimos días co Concello para perfilar o documento definitivo no que se detallan os traballos a executar, así como o trazado completo da ruta co obxectivo de poder iniciar as obras este ano.

Trátase dunha senda que discorrerá maioritariamente ao carón do río Dorrón, entre unha paisaxe de bosque de ribeira na que predominan os ameneiros e freixos e que serve de hábitat para o merlo branco e a lavandeira. Neste sentido, cómpre subliñar a implicación veciñal no proxecto, que se traduciu en case 280 cesións de terreos particulares para que se puideran incorporar á futura senda.

Con esta actuación da Xunta, que financiará a obra a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, búscase potenciar os recursos paisaxísticos e o patrimonio natural que concentra esta parroquia interior de Sanxenxo. Neste sentido, a habilitación da nova senda de Dorrón permitirá por unha banda poñer á disposición dos veciños un novo itinerario fluvial nun enclave natural de gran riqueza ambiental e pola outra, atraer a máis visitantes ao municipio.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

Publicacións Relacionadas