Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen ánimo de lucro opten a axudas para desenvolver festivais audiovisuais na provincia

- Anuncio -

A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo apoiar a organización de festivais ou certames cinematográficos na provincia que dediquen especial atención ao cine en galego

A Deputación de Pontevedra ten aberto ata o próximo venres, 10 de maio, o prazo para que entidades sen ánimo de lucro opten a axudas económicas para desenvolver festivais audiovisuais na provincia. Esta liña de subvencións está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo apoiar a organización de festivais ou certames cinematográficos na provincia que dediquen especial atención ao cine en galego.

Para beneficiarse destas axudas, as entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial de Pontevedra, deberán promover festivais durante o 2024 cunha duración mínima de 4 días e cun mínimo de 20 proxeccións. Ademais, estes festivais deben incluír (tamén como mínimo) programación de cinco sesións ou un 10% dos títulos de produción ou dirección galegas, levar catro edicións consecutivas celebrándose, incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas e empregar a lingua galega na comunicación e no desenvolvemento do seu programa de actividades.

A axuda concedida a cada entidade solicitante non poderá superar o 50% do orzamento presentado para levar a cabo festivais ou certames cinematográficos. Con estes recursos provinciais poderanse subvencionar tanto o alugueiro de espazos e equipamentos para as proxeccións, como gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais e de dereitos de exhibición ou subtitulado de películas.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas