Home O Salnés Meis O PP reclama “altura de miras” e analizar “sen condicionantes políticos” cal...

O PP reclama “altura de miras” e analizar “sen condicionantes políticos” cal é a mellor parcela para o futuro Centro de Saúde de Meis

- Anuncio -

• Lamenta que a alcaldesa “xa teña decidido, de xeito unilateral, a ubicación do centro sanitario”.

• Recordan que a proposta dos populares, para que se constrúa enfronte do actual centro médico da Rochela, foi aprobada po-lo pleno municipal, cos votos a favor de PP e BNG e a absten-ción dos socialistas.

O Partido Popular reclama ao Goberno local “altura de miras” para decidir cal é a mellor parcela para albergar o futuro Centro de Saúde de Meis. O voceiro José Luis Pérez recorda que “estamos falando dun servicio funda-mental e prioritario para a cidadanía, e que non pode estar condicionado por criterios políticos”.

Así, critica que a alcaldesa rexeita a ubicación que propón o PP “simplemente porque é a nosa proposta, non está valorando si é beneficiosa e boa para a cidadanía, si a localización é cómoda, si encaixa no proxecto de Sanidade e, ademais de todo o an-terior, si incluso resulta máis económica para o concello”. Pide que, “antes de empe-ñar ao concello por caprichos da alcaldesa, expliquen aos veciños con detalle as van-taxes e inconvenientes da súa proposta. É importante xestionar os recursos de forma eficiente e tomar a decisión dun xeito planificado e responsable, máis aínda coa si-tuación económica que estamos vivindo”.

Os populares propuxeron que a nova infraestrutura sanitaria se constrúa nun solar edificable, enfronte do actual centro médico da Rochela, porque consideran que é a localización máis axeitada para construír o novo edificio, no mesmo lugar que o actual e nun terreo que se adapta ás características que pide o Sergas para esta dotación. Unha localización que foi aprobada polo pleno, cos votos a favor do PP e do BNG, e coa abstención dos socialistas. “Hai un acordo plenario que a alcaldesa quere incum-prir porque a idea partiu do Partido Popular, e alega que estaba en conversas moi avanzadas cos propietarios doutro terreo, situado ao lado do campo de fútbol de Mos-teiro, pero que está afectado por Patrimonio e Augas de Galicia”.

Tanto desde o PP como o BNG propuxeron ao Concello de Meis que consultase coa Consellería de Sanidade para que decida sobre cal é a mellor parcela para ubicar o novo centro, atendendo a razóns asistenciais e priorizando o interese da cidadanía, “pero a alcaldesa xa ten decidida a localización sen consultar con ninguén. Esta é a súa forma de facer as cousas e a súa falta de transparencia”, denuncia. Ademais, critica que “non sabemos cal é o prezo final da parcela que propón o Goberno local, pero estamos seguros que a da Rochela é moito máis barata e, polo tanto, en que cantidade quedará empeñado o Concello, ou cales son as vantaxes e inconvenientes de unha e outra parcela”.

Por último, recordan que desde a Consellería de Sanidade están á espera de que se poña a disposición o terreo para que Meis conte cun novo centro, cunha maior cartei-ra de servizos sanitarios.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas