Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da área de Vigo á calidade do servizo

- Anuncio -

A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos e retrasos nas nóminas

A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, acusou este xoves á Consellería de Sanidade de antepoñer os intereses empresariais da concesionaria das ambulancias na área de Vigo á calidade na prestación do servizo,  que leva tempo deteriorándose, co risco que iso supón na atención aos doentes.  Emprazou así ao Goberno do PP a actuar xa para arranxar unha situación agravada polos problemas económicos que atravesa a empresa.

Prado fíxose eco na Comisión 5ª de Sanidade das denuncias feitas polo persoal sobre a “gravísima situación” na que se atopa Ambulancias do Atlántico, a empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña, que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para toda a área sanitaria de Vigo.

Denunciou, neste sentido, impagos e retrasos no aboamento dos salarios aos 260 traballadores e traballadoras, e impagos tamén aos proveedores, acumulando en total unha débeda que podería rondar o medio millón de euros.

“As tarxetas de pago que se empregan para a reportaxe das ambulancias deixaron de funcionar e xa só son atendidos nunha gasolineira”, puxo como exemplo da situación que se están a vivir os traballadores da concesionaria que, tal e como lembrou a deputada nacionalista, xa protagonizou “escándalos e conflitos” noutras partes do Estado, como Castela a Mancha ou Euskadi.

É por iso que Prado criticou que Sanidade fixese “ouvidos xordos” as advertencias que o BNG leva facendo dende hai anos, pedindo rectificar unha política que prima os criterios económicos sobre a calidade asistencial, exercer o labor de control sobre a calidade do servizo e garantir os dereitos laborais das persoas traballadores.

“A gravidade da situación no é compatíbel coa pouca presa da Xunta por solucionar o problema”, manifestou Montse Prado, denunciando que a situación no servizo “pon en risco a saúde e a vida da veciñanza e vulnera os dereitos do persoal”, grazas ao cal as ambulancias seguiron traballando.

Recate da concesión

A deputada do Salnés criticou ao Goberno do PP por “mirar para outro lado” e non ter rescatado o contrato da concesión, tal e como pediu o Bloque, a pesar de que a empresa incumpriu de maneira reiterada as condicións do mesmo. “Non actuaron e agora teñen que recorrer a un contrato de emerxencia, a dedo”, reprobou Prado durante a pregunta formulada á secretaria xeral de Sanidade, Natalia Lobato.

Prado reclamou á Consellería que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, garantindo os seus dereitos, os cobros puntuais e que se lles pague a débeda. Solicitou así mesmo que fiscalice a liquidación do contrato coa empresa para determinar a que se destinaron os recursos públicos que se lle aboaron -toda vez que acumula impagos duns 500.000 euros-  e que se active a un procedemento de emerxencia para o servizo programado que tamén está sendo prestado pola mesma empresa.  

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas