Home A Coruña A Xunta inviste 650.000€ na posta en marcha dun complexo recreativo en...

A Xunta inviste 650.000€ na posta en marcha dun complexo recreativo en Abegondo para desfrute de veciños, turistas e peregrinos

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou o campamento turístico da área recreativa do encoro de Beche e a zona na que se vai construír unha piscina e unha zona axardinada

― O complexo pretende dar servizo á veciñanza pero tamén ofrecer aloxamento aos peregrinos do Camiño Inglés no espazo de lecer creado na contorna do encoro, a única presa navegable da provincia da Coruña

― Alfonso Rueda subliñou que O Camiño estase a afianzar en pleno Xacobeo xa que “nesta última semana, a primeira de abril, acadou o triplo de peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado”

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o campamento turístico da área recreativa do encoro de Beche, na parroquia de Folgoso, levantado cunha achega do Goberno galego de 500.000 euros e que agora vai ser ampliado coa construción dunha piscina e unha zona axardinada que contarán cunha axuda de 150.000 euros do Goberno autonómico.

Nun percorrido pola área no que estivo acompañado polo alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o vicepresidente primeiro coñeceu as cabanas turísticas levantadas nas inmediacións do encoro e que axudan a poñer en valor unha área que xa é un referente pola súa zona de esparexemento e pola oferta deportiva que se pode practicar no encoro de Beche -a única presa navegable da provincia da Coruña acondicionada para a práctica da pesca deportiva ou a vela lixeira- ou na súa contorna -como o ciclismo ou o sendeirismo-.

Alfonso Rueda destacou os atractivos do complexo por casar co modelo que esixe o turista de hoxe en día e coa oferta de calidade e sustentable que ofrece Galicia, caracterizada por espazos abertos e non masificados e alternativas de lecer singulares e diferenciadas. “É un servizo do que poderán facer uso tanto os veciños como os turistas e peregrinos atraídos a Galicia por un Xacobeo que pensamos que vai superar todas as expectativas”, indicou o vicepresidente primeiro.

O Goberno galego seguirá colaborando co Concello de Abegondo na ampliación da área recreativa, que contará no futuro cunha piscina e unha zona axardinada que incrementará aínda máis os atractivos dun complexo situado nun lugar estratéxico, a medio camiño entre Ferrol e Abegondo e punto de encontro entre os peregrinos que realizan o Camiño Inglés partindo de Ferrol e os que o fan da Coruña.

Alfonso Rueda subliñou que o complexo é un atractivo máis para a posta en valor dunha ruta en continuo crecemento que no que vai de ano computou xa 708 Compostelas e que é a terceira opción preferida polos peregrinos que fan o Camiño, por detrás do Francés e o Portugués.

Alfonso Rueda subliñou que O Camiño estase a afianzar en pleno Xacobeo xa que “nesta última semana, a primeira de abril, acadou o triplo de peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado”. De feito, entre o 1 e o 7 de abril rexistráronse 3.300 peregrinos, cando na primeira semana do mes de abril do 2021 foron pouco máis de 1.000.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Publicacións Relacionadas