Free Porn
xbporn
Home A Coruña A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de xullo

- Anuncio -

● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras a súa creación en 2022.

● Na programación contémplanse máis actividades como firmas de libros, recitais de poesía, micros abertos ou faladoiros

O Concello de Miño acaba de anunciar as datas nas que se celebrará a III edición da Feira dá Cultura EnCaMiño. As pistas do Rabazal serán un punto de encontro cultural os días 19, 20 e 21 de xullo.
Ademais, este 2024 terá un cartel de luxo. Polo momento, xa hai 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza nesta nova edición. Así, daranse cita en Miño escritores e escritoras e a talla de Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Pedro Feijóo, Diego Ameixeiras, Antía Yáñez, Ana Lena Rivera, Branca Trigo, Samuel Merino, Ulises Bértolo, Arantza Portabales, Oriana Méndez e Lúa Mosqueteira; así como outros que están por anunciarse.

Ademais, na programación contémplanse outras actividades como micros abertos de poesía, coloquios literarios, encontros con autores, contacontos infantís, presenza de librerías e editoriais, ou firmas de exemplares.

Esta terceira edición consolida un evento que debutou en 2022 e que non para de crecer cada ano, logrando atraer cada vez a máis público e logrando mellores cifras de vendas.
A concelleira de Cultura, Catalina Morado, afirma que “o Concello de Miño aposta forte por achegar a cultura ao pobo e a consolidación desta feira é boa proba de iso”. Remarca o “a gran acollida por parte do público de todas as idades que demostra o vital papel que a cultura ten na nosa sociedade” e a importancia de que “as administracións públicas impliquémonos no fomento e a promoción das actividades culturais”.

Por último, Morado fai un chamamento a todos e todas os amantes da cultura, “que atoparán na III Feira dá Cultura de Miño un punto de reunión no que gozar de literatura en todas as súas variantes, presentada polas súas propias autoras nun gran ambiente festivo”.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas