Home Pontevedra Soutomaior inicia a construción do seu primeiro xardín da diversidade

Soutomaior inicia a construción do seu primeiro xardín da diversidade

- Anuncio -

SOUTOMAIOR INICIA A CONSTRUCIÓN DO seu PRIMEIRO XARDÍN DA DIVERSIDADE

  • Os traballos teñen un orzamento de contratación de 17.000 euros que se afrontarán exclusivamente con fondos municipais
  • O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de creación do primeiro xardín da diversidade do municipio. Un novo espazo de lecer e esparexemento deseñado para dar visibilidade e normalizar ás diferentes sensibilidades e formas de sentir.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Servizos Sociais, Cristina González, visitaron esta mañá os traballos de instalación dos diferentes elementos do parque. “Esta clase de iniciativas fan do noso municipio un lugar máis amable, acolledor e respectuoso con todas as sensibilidades”, explicou González, que indicou que os traballos estarán finalizados a próxima semana.
  • O xardín estará situado xunto ao parque canino de Arcade e contará con diferentes elementos e un mobiliario público específico coa madeira tradicional como elemento base. Así, instalaranse tres elementos de xogo, varios tallos, un carreiro de pedra natural e paneis artísticos e informativos.
  • O xardín da diversidade é unha iniciativa promovida pola Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e a súa instalación conta cun orzamento final de 17.000 euros que se financiarán exclusivamente con fondos propios municipais.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas