Home Ourense O Concello de Ourense estará presente na mostra Expocidades, que se inaugura...

O Concello de Ourense estará presente na mostra Expocidades, que se inaugura mañá en Ferrol

- Anuncio -

A Concellería de Turismo levará un expositor propio “onde ofreceremos información xeral da cidade, específica da Vía de la Plata – Camiño Mozárabe e adaptada para toda a familia, con planos específicos para nenos na zona histórica e dos recursos termais de Ourense. Sempre é positivo para a nosa cidade participar en eventos especializados en Turismo como é Expocidades”, sinala a concelleira Flora Moure

Expocidades, a Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico, é unha ferramenta de promoción do turismo de proximidade das cidades do Eixo Atlántico e inaugúrase mañá ás 13:00 horas, manténdose aberta na Praza de Armas de Ferrol ata o domingo ás 19:00 horas

O Concello de Ourense estará presente na mostra Expocidades, que se inaugura mañá en Ferrol. Así, a Concellería de Turismo levará un expositor propio “onde ofreceremos información xeral da cidade, específica da Vía de la Plata – Camiño Mozárabe e adaptada para toda a familia, con planos específicos para nenos na zona histórica e dos recursos termais de Ourense. Sempre é positivo para a nosa cidade participar en eventos especializados en Turismo como é Expocidades”, sinala a concelleira de Turismo, Flora Moure.

Expocidades, a Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico, é unha ferramenta de promoción do turismo de proximidade das cidades do Eixo Atlántico e inaugúrase mañá ás 13:00 horas, manténdose aberta na Praza de Armas de Ferrol ata o domingo ás 19:00 horas. Busca promover as nosas cidades no seu medio de mercado inmediato, así como tamén aproveitar para favorecer a relación directa entre produtores turísticos (turismo rural, programas de turismo de natureza programas de turismo de aventura, etc.) e comercializadores (axencias de viaxes e operadores).

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas