Home Ourense Allariz-Maceda A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

- Anuncio -

O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se disputará o vindeiro sábado, 18 de maio, a partir das 15.30 horas.

A proba, organizada polo Club Ciclista Maceda, está consolidada no calendario galego de BTT, ademais de estar incluída na Copa Galicia XCO. Transcorre polo circuíto deseñado na zona do río de Maceda, con saída e chegada nas instalacións das piscinas municipais, como vén sendo habitual.

A organización agarda unha participación duns 250 participantes de diferentes categorías, entre as que se atopan os deportistas do club local Academia Postal – A BANCA – Maceda, que contará con corredores como Saúl López, Iván Feijóo, en categoría Elite; Sarela Conde, en Sub23 Fem, Alejandro García, en Juniors, actual campión de España, e recente vencedor da proba da Uci Juniors Series de Heubach, (Alemaña) e que ven de participar nos Campionatos de Europa de XCO en Romanía, coa Selección Española, onde finalizou 11º.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Publicacións Relacionadas