Home Pontevedra Deza Os afeccionados ao xadrez e o atletismo volven ter unha cita nas...

Os afeccionados ao xadrez e o atletismo volven ter unha cita nas competicións da feira Abanca Semana Verde

- Anuncio -

• A CARREIRA POPULAR, QUE CHEGA Á SUA SÉTIMA EDICIÓN, E O OPEN DE XADREZ, QUE REGRESA CON NOVIDADES, TERÁN LUGAR O 3 E O 4 DE XUÑO RESPECTIVAMENTE

• AS INSCRICIÓNS PARA AMBAS CITAS XA ESTÁN ABERTAS

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrará a súa 44ª edición entre os días 2 e 5 de xuño, volverá incluír no programa de actividades as súas competicións de xadrez e atletismo, cuxas inscricións xa están abertas.

A VII Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, organizada pola entidade feiral xunto coa Federación Galega de Atletismo e co patrocinio de Abanca e Decathlon, xa se trata dunha cita consolidada no calendario galego de atletismo.

A proba dará comezo ás 20.00 horas do día 3 de xuño, incluíndo o seu percorrido unha pequena parte dentro do recinto e o resto en zonas exteriores próximas ao mesmo. Establece dúas categorías, Escolar, que inclúe Pitufos, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18; e Absoluta, con Sub 20, Sub 23, Senior, Máster A, Máster B, Máster C e Máster D.

Todos os participantes recibirán medalla. Ademais, en Pitufos entregaráselles a todos un diploma, e aos tres primeiros clasificados nas restantes categorías, tanto de Escolar como de Absoluta, un trofeo. Por outra banda, recoñecerase coa entrega dun trofeo ao atleta máis veterano da carreira e ao atleta local mellor clasificado.

Os participantes, que poden ser atletas federados ou non, deben inscribirse ata o 1 de xuño ás 20.00 horas na web www.carreirasgalegas.com. O custo é de 5€ para a categoría Absoluta e gratuíta para as Escolares.

Novidades no Open de Xadrez

Por outra banda, o Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia, regresa á feira coa súa terceira edición, tras non celebrarse desde 2019. Levarase a cabo o 4 de xuño e contará con seis categorías distintas, as cales serán totalmente independentes e corresponderanse con Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Absoluta. Xogarase con sistema suízo a 8 roldas mediante programa informático homologado pola Federación Internacional (4 en sesión matutina e 4 de tarde), co cal ningún xogador quedará nunca eliminado, enfrontándose en cada rolda os xogadores da mesma puntuación.

O torneo, que na categoría Absoluta será de novo puntuable para a clasificación internacional Elo FIDE, conta cunha novidade nesta edición Así, tamén puntuará no Circuíto Galego de Promoción nas categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12 e Sub 14.

Contará nesta edición cun total de 1.500€ en premios en metálico, ademais da entrega de medallas a todos os participantes e tamén trofeo aos cinco primeiros de cada categoría.

Os interesados en participar neste III Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia poden inscribirse no formulario oficial do evento, ao cal teñen acceso en www.semanaverde.es/bases_Open_ Xadrez.pdf. Poderán facelo ata o día 3 de xuño ás 20.30 horas, cun custo de 10€ para maiores de 16 anos e gratuíto tanto para o resto de idades como para participantes con puntuación a partir de 2.200 Elo.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas