Home Pontevedra A Xunta colabora coa Comunidade de Augas de Vilaboa con diversas melloras...

A Xunta colabora coa Comunidade de Augas de Vilaboa con diversas melloras nos depósitos de augas

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego


― Natalia Prieto lembrou que a Xunta incrementou o orzamento da orde de axudas do Plan específico de acción comunitaria nun 20%, ata acadar os 3M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comprobou hoxe as melloras levadas a cabo na comunidade de usuarios de augas de Vilaboa, que contaron cunha axuda de preto de 14.000 euros ao abeiro das axudas da orde de veciños.

Segundo explicou a directora xeral, segundo lle trasladaron os veciños, o obxectivo principal da comunidade de usuarios é garantir auga de calidade de maneira eficiente e económica, polo que precisaron levar a cabo diferentes melloras como o forrado dun vaso do depósito para evitar as perdas e manter a calidade da auga, a instalación de control de calidade telemático en depósito, a instalación de válvula de enchido para evitar que o depósito cando esté cheo entre auga e teñamos vaia polo rebosadeiro auga clorada, mellorando a eficiencia da comunidade

Natalia Prieto lembrou que a orde de acción comunitaria incrementou este ano o seu orzamento nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros. A mellora encádrase na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega. O ano pasado concedéronse 2,5 millóns de euros a asociacións de veciños, de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga da comunidade galega, dos que máis de 1,2 millóns de euros se destinaron a entidades da provincia de Pontevedra.

A orde de subvencións para este ano inclúese no plan específico de acción comunitaria, destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos van destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e a compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas