Home Deputacións Deputación Pontevedra "Depo Auga" abre a inscrición para a primeira actividade do 5 de...

“Depo Auga” abre a inscrición para a primeira actividade do 5 de xuño en Vilaboa

- Anuncio -

Esta ruta de paddle surf polas Salinas do Ulló dispón de 45 prazas que as persoas interesadas poden reservar xa na web da Deputación

A Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo de inscrición para a primeira das actividades desta segunda edición de Depo Auga, o programa de deporte sostible de rutas guiadas por ríos ou praias de diferentes concellos da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak. A primeira sesión deste ano terá lugar o domingo 5 de xuño nas Salinas do Ulló no concello de Vilaboa cunha ruta de paddle surf. Esta actividade dispón de un total de 45 prazas, que se distribuirán en 3 quendas de 15 persoas en cada unha.

Este programa da Deputación dá resposta a prácticas deportivas que cada vez contan cun maior número de persoas afeccionadas e a unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza. Depo Auga está dirixido por iso a persoas amantes dos deportes da natureza e aventura, maiores de 18 anos ou menores (mínimo 14 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor. As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de inicio da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e entregaráselles todo o material necesario para realizar as actividades.

As persoas interesadas en participar nestas travesías guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración, xa poden inscribirse a través do formulario que atoparán na páxina web da Deputación. En caso de que se completen as prazas habilitarase unha lista de agarda de ata un máximo de 50 persoas.

Despois desta ruta polas Salinas do Ulló en Vilaboa, as seguintes excursións do programa Depo Auga terán lugar nos concellos de As Neves, Poio e A Illa de Arousa.

Relacionadas

O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha Plataforma loxística...

0
A portavoz de industria do PP no parlamento galego, Cristina Sanz,  defendeu na comisión parlamentaria celebrada o pasado 2 de maio  a construción dunha...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Maio establécese como o mes da rítmica no Pavillón da Raña e recibirá máis...

0
Despois da celebración do XI Torneo Club In Mare, aínda quedan pendentes dúas celebracións nun mes adicado a este deporte da man da súa...

Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá...

A Deputación concede preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para cubrir a...

0
Trátanse da totalidade dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que correspondían á vila e que repartiron xa máis de 2,4 millóns de...

Publicacións Relacionadas