Home Pontevedra O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha...

O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha Plataforma loxística entre Pontevedra e Vilaboa

- Anuncio -

A portavoz de industria do PP no parlamento galego, Cristina Sanz,  defendeu na comisión parlamentaria celebrada o pasado 2 de maio  a construción dunha plataforma loxística entre os dous concellos 

Luís Bará: “o goberno galego debe aclarar se ten algún plan ou  proxecto para dotar o Porto de Marín dunha plataforma loxística e  se baralla a posibilidade de construir esta plataforma de solo  industrial e de intercambio de mercadorías nas inmediacións do río  dos Gafos-Tomeza-Toxal”. 

O pasado xoves 2 de maio, a portavoz do PP na  comisión de industria do parlamento galego, Cristina Sanz, afirmou que o PP  defendía como alternativa da plataforma loxística ou Porto Seco do Porto de  Marín terreos situados entre Pontevedra e Vilaboa. A citada portavoz  empregaba este argumento para rexeitar a proposta de crear unha plataforma  loxística nos terreos de Leborei, en Cerponzóns

No ano 2014 a Xunta desbotou unha proposta similar, formulada polo PP de  Pontevedra, para crear unha área loxística de 72 hectáreas en terreos situados  entre a vía férrea e o río dos Gafos-Tomexa-Toxal, nas parroquias de Bértola e  Tomeza. Velaquí a ubicación e as características da proposta formulada polo PP  en 2010. 

Segundo Luís Bará, “Unha infraestrutura destas características é unha proposta  absolutamente aberrante, que afectaría ao ENIL do río dos Gafos, ao ámbito de  protección doutras infraestruturas viarias, ao Camiño Portugués e a outros  proxectos de desenvolvemento da zona”. 

Páxina 1 

Polo tanto, logo do “globo sonda” lanzado o pasado 2 de maio pola portavoz do  PP, o BNG considera que “o goberno galego debe aclarar se ten algún plan ou  proxecto para dotar o Porto de Marín dunha plataforma loxística e se baralla a  posibilidade de construir esta plataforma de solo industrial e de intercambio de  mercadorías nas inmediacións do río dos Gafos-Tomeza-Toxal”. 

O deputado por Pontevedra e portavoz de Medio Ambiente, Luís Bará, presentou  unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a impulsar as seguintes  medidas: 

1. Elaborar un estudo para a dotación na área de Pontevedra dunha plataforma  loxística que garanta a intermodalidade e o desenvolvemento do Porto de  Marín. 

2. Desbotar como emprazamento desta plataforma loxística os terreos das  parroquias de Tomeza e Bértola situados nas inmediacións do ENIL do río  dos Gafos-Tomeza-Toxal.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas