Home Pontevedra O Salnés A Xunta adxudica por máis de 750.000 euros as obras de mellora...

A Xunta adxudica por máis de 750.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga

- Anuncio -

― Actuarase en 2 km para eliminar un treito de concentración de accidentes, renovaranse 5 interseccións no tramo que vai do lugar do Vinquiño ao inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, e construirase unha glorieta no cruce co Camiño ao Santo


― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras a finais do verán, cun prazo de execución de 12 meses


― Habilitaranse cuñas de cambio de velocidade nas interseccións con outros viarios e incluiranse melloras nos pasos de peóns e nas paradas de autobús


― Esta intervención complementarase coa renovación das beirarrúas nese mesmo ámbito para mellorar a seguridade peonil, unha obra xa licitada por case 223.000 €


― Estas novas actuacións do departamento que dirixe Ethel Vázquez acometerase de xeito simultáneo, superando en total 1 M€ de investimento nesta vía autonómica

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 750.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga. Trátase de actuar ao longo de 2 quilómetros desta vía autonómica para eliminar un treito de concentración de accidentes ao seu paso polo municipio de Sanxenxo.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones y obras Taboada Ramos S.L.U., comezarán a finais do verán e terán un prazo de execución de doce meses.

A intervención contratada prevé a renovación de cinco interseccións na PO-504, entre os puntos quilométricos 0+940, no lugar do Vinquiño, e o 3, ao inicio da parroquia de San Tomé de Gondar.

Entre as principais intervencións que se van executar inclúese a construción dunha glorieta na intersección co Camiño ao Santo, que ademais de ordenar os propios movementos das vías coas que entronca, permitirá o cambio de sentido dos vehículos.

Como resultado das achegas recibidas durante o proceso de información pública, acordouse eliminar a actuación proposta inicialmente dunha nova glorieta no punto quilométrico 2+270.

A actuación prevé, tamén, a execución de novas beirarrúas nos treitos de mellora das interseccións, a adecuación da drenaxe existente ao novo deseño e a reposición dos servizos e sumidoiros afectados. Tamén se mellorarán as paradas de autobús e redeseñarase a sinalización horizontal e vertical de todo o treito.

En paralelo a esta obra, a Xunta está a avaliar as 7 ofertas presentadas para executar as obras de acondicionamento das beirarrúas neste ámbito da estrada PO-504, de modo que a esta mellora da seguridade viaria se lle suma tamén a mellora da accesibilidade peonil, cun investimento adicional de preto de 223.000 euros. A actuación prevé distintas intervencións encamiñadas a mellorar a mobilidade a pé e a seguridade viaria ao longo da estrada PO-504, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450.

Estas dúas intervención do departamento que dirixe Ethel Vázquez acometerase de xeito simultáneo, superando en total 1 M€ de investimento nesta vía autonómica.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Publicacións Relacionadas