Home Ourense A Peroxa A Deputación colabora nun proxecto de humanización de terreos para construír vivendas...

A Deputación colabora nun proxecto de humanización de terreos para construír vivendas sociais na Peroxa e na renovación da piscina municipal

- Anuncio -

Manuel Baltar visitou o concello para manter un encontro de traballo co alcalde, Manuel Seoane, recoñecendo o seu traballo para “convertir á Peroxa nun exemplo de dinamización do rural, con dedicación á xestión municipal as vinte e catro horas do día”

O rexedor agradeceu “o compromiso do presidente da Deputación cun concello de escasos recursos; todos estes proxectos serían imposibles sen a axuda da administración provincial”

A Peroxa é un dos doce concellos ourensáns que recibirán un tractor de roza para a prevención de incendios, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense, a única das catro galegas, coa Consellería de Medio Rural

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, repasaron as liñas de colaboración abertas entre ambas institucións no transcurso da visita que o presidente do goberno provincial realizou esta mañá ao concello. Un encontro de traballo no que tamén estivo presente o concelleiro José Manuel Rodríguez e que se completou cun percorrido por varios espazos do municipio nos que se están a desenvolver actuacións que contan co financiamento da Deputación.

Manuel Baltar detallou entre estes proxectos a renovación da piscina municipal e a humanización de terreos para a construción de vivendas sociais. Esta última actuación conta cun orzamento de máis de 150.000 euros, dos que a Deputación achega o 30% e a Xunta de Galicia o 70% restante.

O presidente do goberno provincial tamén destacou que A Peroxa é un dos doce concellos ourensáns que recibirán este ano un tractor equipado con maquinaria de roza para a prevención de incendios, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense, a única das catro galegas, coa Consellería de Medio Rural.

Traballo en clave municipal, provincial e galego

Manuel Baltar puxo énfase no labor dun alcalde “que non só pensa en clave municipal, senón tamén de provincia e de Galicia”. Visitar A Peroxa, asegurou o presidente da Deputación, “é aprender dun dos 23 alcaldes españois que levan traballando desde o ano 1979 para dar os mellores servizos á veciñanza, que seguro seguirá confiando na súa dedicación á xestión municipal as vinte e catro horas do día”. Este é o camiño, afirmou o presidente, “para converter a un concello como A Peroxa en exemplo de dinamización do rural”.

Pola súa banda, Manuel Seoane agradeceu “o que fixo, fará e seguirá facendo o presidente da Deputación”, subliñando o apoio do goberno provincial a un concello de menos de 2.000 habitantes e con recursos limitados que, ademais, “leva cinco anos cos impostos conxelados”. Todas as actuacións desenvolvidas na Peroxa, engadiu o rexedor, “serían imposibles sen a axuda da Deputación e o compromiso do seu presidente”.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Deputación financia melloras en camiños e accesos a núcleos rurais de Rodeiro por...

0
A institución provincial aproba dúas achegas que afectan a vías municipais situadas nas parroquias do Salto, Rodeiro, Guillar, Álceme e Vilela A Deputación de Pontevedra...

A Deputación recomenda manter un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza...

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda tamén controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides A Estación Fitopatolóxica...

A Deputación celebrará o 9 de maio a II Gala de Premios de Emprendemento...

0
O evento, que estará presentado pola xornalista Belén Xestal, ten por obxectivo visibilizar e poñer en valor o tecido emprendedor, premiando iniciativas referentes pola...

Publicacións Relacionadas