Home Ourense O Concello aproba os pregos para adxudicar a xestión da Praza de...

O Concello aproba os pregos para adxudicar a xestión da Praza de Abastos número 2, no barrio da Ponte

- Anuncio -

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o expediente para contratar a xestión integral da Praza de Abastos número 2 da cidade, no barrio da Ponte. No acordo, dispón a apertura do procedemento de adxudicación, polos tramites do procedemento aberto, cun canon que deberá ser, como mínimo, de 28.903,00 euros. Na mesma sesión a xunta local tratou un total de 11 asuntos presentados polas diferentes áreas municipais, entre eles, 4 licenzas de obra.

Licenzas (4)

· Licenza de obra para ampliación de garaxe almacén en Granxa de Santa Cruz

· Licenza de obra para teitar superficie contigua a un pendello de 28 metros cadrados na estrada de Vigo, Untes.

· Licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución para instalación de ascensor en edificio de vivendas sito na rúa Inmaculada.

· Licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de reforma de portal e modernización de ascensor nun edificio da rúa Camino Caneiro.

Patrimonio (1)

· Estimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos a un vehículo e abonar una indemnización de 180,53 euros por danos a un vehículo.

Servizo de Contratación (1)

· Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, e tramitación ordinaria, a concesión administrativa da xestión integral da Praza de Abastos numero 2 da Ponte, coa correspondente aprobación do prego de cláusulas técnicas e administrativas particulares, establecéndose como canon mínimo a cantidade anual de 28.903,00 euros IVE incluído. No acordo, disponse tamén a apertura do procedemento de adxudicación, polos tramites do procedemento aberto.

Avogacía Consistorial (5)

A xunta de goberno deu conta de dúas sentenzas do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense. Unha delas estima parcialmente un recurso en relación a unha reclamación de reintegro por gastos xurídicos. A sentenza fixa a cantidade a reintegrar en 22.000 euros. A outra estima a reclamación dunha condutora e condena o Concello a indemnizala en 236,92 euros polos danos sufridos no seu coche ao caerlle enriba un sinal de tráfico.

Tamén deu conta de que o Concello de Ourense deberá comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Ourense, en 3 procedementos abreviados relativos a reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Relacionadas

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

Publicacións Relacionadas