HomeVigoNigránO concello de Nigrán inaugura o novo Local Social de Vilameán destinado...

O concello de Nigrán inaugura o novo Local Social de Vilameán destinado aos maiores

- Anuncio -spot_img

O grupo de mulleres da zona que no 2019 reclamaba un espazo autoxestionado de uso polivalente para poder socializar foi o protagonista do primeiro día de apertura

Investíronse 110.064 € para transformar a antiga casa dos mestres nun lugar idóneo para a convivencia comunitaria, consulta de prensa e un aula para reunións ou recibir clases

“Estamos moi orgullosos porque resume o ‘Nigrán para todos’ que como goberno buscamos, pero ao mesmo tempo tamén estamos moi orgullosos de recuperar o patrimonio arquitectónico de Nigrán respectando a tipoloxía orixinal das casas dos mestres”, sinala o alcalde

O Concello de Nigrán ten aberto xa oficialmente desde onte o primeiro local destinado ao ocio dos maiores no corazón do núcleo urbano, en Vilameán, ao carón do Consistorio. O grupo de veciñas que iniciou a recollida de firmas no 2019 para contar cun espazo público autoxestionado onde poder socializar foi o protagonista do primeiro día de apertura nunha tarde dinamizada por Rei Midas e Valeria Baritas. Este novo espazo xurde tras investir o Concello 110.064 € (a través do Plan Concellos 2020 da Deputación) na transformación das antigas casas dos mestres de Vilameán nun lugar para a convivencia comunitaria.

“Grazas a vos este local practicamente sen uso a partir de agora cumplirá unha función social da que estamos moi orgullosos”, recalcoulles o alcalde, quen fixo entrega das chaves ao colectivo. “Aquí tedes xa prensa diaria e xogos, agora agardamos as vosas propostas sobre que máis precisades porque tal e como nos pedírades, o local estará totalmente baixo a vosa xestión e o Concello colaborará aportando o que consideredes, como poderían ser cursos de memoria ou risoterapia, etc”. Así, a modo de inauguración, onte o Rey Midas e Valeria Baritas dirixiron diversos xogos de memoria ou simplemente dirixidos a xerar risa entre o público.

Con esta remodelación, o Concello dá un paso máis de cara a completar a humanización da contorna da Casa do Concello, xa que anteriormente o goberno local creou un itinerario peonil seguro pensando especialmente nos alumnos do CEIP Humberto Juanes. O propio proxecto foi redactado tras manter o arquitecto e o rexedor diversos encontros con este grupo de mulleres. “O requerimento fundamental era dispor dun lugar adaptado e confortable destinado á convivencia e onde, ao mesmo tempo, se poidan manter reunións ou consultar a prensa. O que nos trasladaron é que desexan ter un sitio onde sentarse a conversar, entretese con xogos de mesa ou compartir coñecementos”, resume González, quen destaca a “boísima impresión” que lle causou o resultado da reforma ás usuarias.

“Queremos que todo o centro de Nigrán sexa un lugar de encontro da veciñanza e camiñamos neste sentido, neste núcleo dispomos da Praza do Concello como lugar público de convivencia e agora sumamos este local que, ademais, está ao carón dun centro educativo, sendo dous usos que nos gusta especialmente que convivan”, indica.

“Estamos tamén moi orgullosos de recuperar o patrimonio arquitectónico de Nigrán respectando a tipoloxía orixinal das casas dos mestres”, sinala o en referencia ao proxecto redactado polo estudo nigranés Aintegra. Así, o volume orixinal do edificio non se modificou, tan só se melloraron os acabados renovando a cuberta e limpando as fachadas, polo que a súa relación coa contorna se mantén exactamente igual. O obxectivo paralelo foi por en valor a pranta orixinal, moi desvirtuada por sucesivas reformas e que agora volver a responder á tipoloxía de ‘Casas dos mestres’ dispersas por toda a comarca do Val Miñor. Isto último implicou demoler a totalidade da tabiquería interior para crear espazos diáfanos (o esquema que sempre se repite nestas construcións é un único volume de pranta baixa con aulario adosado á vivenda e, usualmente e como é o caso, articulado por un patio de acceso). A nova tabiquería conta con acabados en madeira, carpinterías e mobiliario facilmente desmontable.

A parte norte do edificio dispón de aseos adaptados e unha sala de reunións, mantendo os ocos na fachada para conservar esa iluminación natural que. A parte sur sirve para un uso máis polivalente, cun espazo visualmente aberto que ten mesas redondas, zona de consulta de prensa ou internet e/ou de descanso informal con sofás. Adicionalmente, recuperouse o patio interior cuberto como zona de acceso e comunicación entre ambos lados e, ademais, pon en valor a estrutura de vigas de formigón orixinal ao limparse os seus revestimentos para deixalas á vista no interior (o resto dos acabados son en branco agás os servizos, que se revisten con panelados en madeira de roble).

Publicacións Relacionadas