HomeBaixo MiñoA GuardaAs bandeiras azuis xa ondean nas praias do Muíño e da Area...

As bandeiras azuis xa ondean nas praias do Muíño e da Area Grande

- Anuncio -spot_img
  • Os socorristas comezaron este mes de xullo e estarán ata principios de setembro

Desde esta mañá, a bandeira azul xa ondea na praia da Area Grande e na praia do Muíño. Este recoñecemento outórgao a  ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor) ás praias que cumpren con altos estándares de calidade ambiental, seguridade e servizos.

Estas praias levan anos sendo recoñecidas pola súa calidade, ademais da súa localización privilexia no océano Atlántico e na desembocadura do río Miño, respectivamente.

Desde comezos deste mes de xullo contan co servizo de socorrismo. Os socorristas comezaron este mércores 2 de xullo e estarán ata principios de setembro vixiando as praias.

Este ano o equipo de socorristas está formado por seis integrantes, o que permite ter un servizo de socorrismo todos os días de 12:00 a 20:00h nas dúas praias.

“Estamos moi contentos de ter este recoñecemento de bandeira azul, pero sobre todo deste ano poder ofrecer á cidadanía un servizo de socorrismo completo, sabendo da dificultade que supón atopar persoal cualificado para estes postos tan importantes durante o verán”, declarou o alcalde.

Desde o Concello animamos a todos e todas a desfrutar das nosas praias e a refrescarse nelas nestes días de calor.

Publicacións Relacionadas