Home A Coruña A Xunta dotará de persoal e medios materiais os tres novos xulgados...

A Xunta dotará de persoal e medios materiais os tres novos xulgados de Primeira Instancia na Coruña, Lugo e Vigo aceptados polo Goberno Central

- Anuncio -

― O Goberno galego insta ao Ministerio de Xustiza que aclare se vai crear as dúas prazas de maxistrados da sección penal solicitadas polo Goberno galego e o TSXG de forma consensuada na Comisión Mixta de Xustiza, un deles na Audiencia Provincial da Coruña e outro na de Pontevedra

A Xunta dotará do persoal e do equipamento necesario para poñer en marcha os tres novos xulgados na comunidade que o Ministerio de Xustiza comunicou que ten previsto incluír no proxecto de real decreto de creación das unidades xudiciais correspondentes á programación de 2022 que o Goberno central está a tramitar para a súa aprobación.

O Ministerio de Xustiza vén de comunicar ao Goberno galego que os tres novos tribunais aceptados que se prevén poñer en marcha unha vez aprobado o real decreto son os de Primeira Instancia nº6 de Lugo, nº15 da Coruña e nº16 de Vigo. Trátase de tres das unidades incluídas na proposta da Xunta en consenso co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) presentada ao Executivo central no marco da Comisión Mixta de Xustiza en base ás cargas de traballo das unidades xudiciais de toda Galicia.

Entre as novas unidades solicitadas tamén se incluían dous maxistrados da sección penal, un na Audiencia Provincial da Coruña e outro na de Pontevedra, que deben ser creadas polo Goberno central. Por iso, a Xunta insta ao Ministerio a aclarar se ten previsto incluír estas dúas unidades na programación deste exercicio.
A Xunta aceptará e financiará todas as unidades xudiciais que outorgue o Goberno Central e comprométese a poñelas en marcha no menor tempo posible.

O Goberno galego xa destinou 215.000 euros aos custos de persoal e de material do novo xulgado do mercantil da Coruña que entrou en funcionamento o pasado marzo. Esta achega engádese aos 850.000 euros investidos na creación doutros tres novos xulgados do Social que comezaron a funcionar en abril do 2021, isto é, o nº4 de Lugo, o nº7 da Coruña e o nº7 de Vigo.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

Publicacións Relacionadas