Home Ourense Baixa Limia O PST "Ourense Termal" termina coas xornadas para as adhesións ao Sistema...

O PST “Ourense Termal” termina coas xornadas para as adhesións ao Sistema Integral de Calidade Turística

- Anuncio -

O Edificio Multiusos do municipio de Lobios acolleu hoxe a última xornada que organiza a Deputación de Ourense a través do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Ourense Termal”, que ten como obxectivo informar a todas as empresas e entidades do sector turístico da Baixa Limia para que se adhiran ao Sistema Integral de Calidade Turística. Este Plan execútase co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e a Deputación de Ourense.

O obxectivo desta actuación é promover unha estrutura de xestión permanente, que vele polo incremento da competitividade das empresas turísticas, así como incrementar a satisfacción dos turistas e fomentar a fidelización dos mesmos.

Tal e como explicou a xerente do Plan, Emma González, presente nesta última xornada, trátase do “primeiro paso que debemos dar para consolidar o Sistema de Calidade Turística en Destino da provincia”. Así mesmo, Emma González engadiu que “esta acción permitiunos chegar a numerosas empresas do sector que estaban interesadas en obter a este distintivo e, dese modo, ir da man o sector privado e público para continuar dando pasos para aproveitar a chegada da Alta Velocidade á provincia e atraer a un turismo de calidade”.

O SiCTED ten por obxecto implantar unha metodoloxía desenvolvida pola Secretaría de Estado de Turismo para os servizos turísticos públicos e privados, que contribúe a través de boas prácticas a mellorar a satisfacción do cliente en particular e o posicionamento do destino en xeral.

As xornadas de adhesión desenvolvéronse para as zonas de Monterrei-Verín, Ribadavia e agora con esta última para os da Baixa Limia, cubrindo o territorio dos 15 municipios termais rurais que serán beneficiados do Plan “Ourense Termal” que son: A Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños, Punxín, Ribadavia e Verín.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas