Home O Ribeiro Castrelo de Miño Lete Lasa pon en valor o potencial náutico de Galicia e da...

Lete Lasa pon en valor o potencial náutico de Galicia e da pista olímpica de Castrelo que acollerá por primeira vez a Coupe de la Jeunesse

- Anuncio -

_Envía unha mensaxe de apoio e amosa a súa preocupación por todas as familias que estes días están a sufrir os efectos dos lumes en Galicia, e máis concretamente no concello de Castrelo de Miño

O secretario xeral para o Deporte, asistiu este xoves á presentación da Coupe de la Jeunesse, un dos eventos de remo de maior relevancia e prestixio para menores de 18 anos do panorama internacional. A competición celebrarase os vindeiros 5, 6 e 7 de agosto nas instalacións do Club Náutico de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense.

Nas súas verbas o mandatario galego enviou unha mensaxe de apoio, e amosou a súa preocupación por todas as familias que estes días están a sufrir os efectos dos lumes en toda Galicia, e máis concretamente no concello de Castrelo de Miño: “a auga é deporte e desfrute, pero tamén é vida, e dela dependen a de moitos veciños de Castrelo”.

Lete Lasa destacou a importancia de traer un evento deste calibre por primeira vez a Galicia posto que outorga prestixio á comunidade e fai que neste novo ciclo olímpico, multitude de deportistas de todo o mundo recorran ás nosas instalacións para o seu adestramento.
Tamén agradeceu a aposta firme da Federación Española de Remo por Castrelo de Miño, unha das tres pistas olímpicas de remo e piragüismo de todo o país, e destacou o compromiso que a Xunta de Galicia ven tendo dende hai anos polos deportes náuticos, suliñando que tras o atletismo, o remo, a vela e o piragüismo sexas os deportes con maior representación olímpica galega.

A competición estará composta por 120 embarcacións e preto de 500 deportistas de 16 equipos, cada un correspondente a un país, que a través da suma de puntos nas distintas probas das distintas modalidades deberán conseguir colocar ó seu país no máis alto da clasificación ao remate da última xornada para facerse co título de campións.

Relacionadas

Román Rodríguez reivindica a escola rural como “un modelo educativo de vangarda que é...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia — Na cita, a que acuden...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Publicacións Relacionadas