Home Pontevedra Deza A Xunta adxudica máis de 9.000 metros cadrados de solo nos parques...

A Xunta adxudica máis de 9.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Silleda e de Lalín

- Anuncio -

— A bonificación do prezo de venda, do 30 por cento, supón o aforro de 241.155 euros por parte das empresas que adquiren o solo


— A comezos de agosto Xestur licitará a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación da área industrial de Lalín

A Xunta de Galicia adxudicou dúas parcelas, cunha superficie total de 9.032,05 metros cadrados, nos parques empresariais de Lalín e Silleda. A bonificación do prezo de venda, do 30 por cento, supón o aforro de 241.155 euros por parte das empresas que adquiren o solo.

Na área industrial de Silleda, adxudicouse unha superficie de 4.517,05 metros cadrados a unha empresa de elaboración de pratos preparados, cunha bonificación de 119.250 euros.

No caso do parque empresarial Lalín 2000, unha parcela de 4.515 metros cadrados, foi adxudicada a unha empresa dedicada á fabricación e montaxe de fachadas, cunha bonificación de 121.905 euros.

Ademais, no que respecta á área industrial de Lalín, está previsto que nos primeiros días de agosto a empresa pública Xestur licite a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a súa ampliación. O contrato licitarase por un importe de 71.607,21 euros.

A ampliación deste parque ocupará unha superficie total de 313.955 metros cadrados, boa parte dos cales xa son propiedade da Xunta, polo que a expropiación afectará a pouco máis de 150.000 metros cadrados.

A maiores, a Xunta prevé investir preto de 11,5 millóns de euros nas obras de urbanización da ampliación, ao que se sumará máis de 1 millón de euros destinados á adquisición dos terreos necesarios.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas